spot_img
InicioVal MiñorBaionaTeresa Pedrosa asina en Baiona o inicio das obras do novo viveiro...

Teresa Pedrosa asina en Baiona o inicio das obras do novo viveiro de empresas que se situará na Casa do Reloxo

Teresa-Pedrosa-asina-Baiona-inicio-obras-novo-viveiro-empresas-situará-Casa-Reloxo

En presenza do alcalde Vázquez Almuíña, esta mañá Teresa Pedrosa asinou no concello de Baiona a acta de reformulo das obras do novo viveiro de empresas que se situará na Casa do Reloxo. Esta firma de feito supón o inicio dunhas obras que en catro meses dotarán ao Val Miñor dun espazo dedicado á promoción de novas empresas. Segundo o acordo subscrito entre Consorcio e Concello este viveiro de empresas terá unha especial dedicación a aquelas iniciativas cuxas actividades se desenvolvan contorna ao sector turístico, marítimo ou actividades lúdico-deportivas.

O Centro de Iniciativas Empresariais da Granxa foi recoñecido o ano pasado pola Fundación FUNCAS como o mellor viveiro de Galicia e un dos dez mellores de toda España

Este viveiro, que estará tutelado polo equipo xestor do viveiro de Porto do Molle, é o terceiro centro destas características que o Consorcio da Zona Franca pon en marcha na provincia seguindo o modelo de éxito iniciado no Centro de Iniciativas Empresariais da Granxa que o ano pasado foi recoñecido pola Fundación FUNCAS como o mellor viveiro de Galicia uno do dez mellores de toda España.

Cun investimento na obra de 950.000 euros, esta rehabilitación do edificio que actualmente se atopa en estado ruinoso e apontoadas as súas fachadas, conseguirá devolver a Baiona un edificio emblemático e catalogado como pazo urbano

Como se puido ver na animación en tres dimensións do proxecto arquitectónico, a fachada sanearase e combinará os marcos de pedra de portas e xanelas con panos encalados en branco e unha cuberta tradicional en tella. En interiores, a utilización de madeira, pedra e cristal dará como resultado espazos moi diáfanos que permitirán áreas de traballo moi luminosas. A superficie total construída será de 433 metros cadrados que se distribuirán en 212 metros cadrados de superficie para a planta baixa onde se situarán servizos de recepción, unha área de coworking de 100 metros cadrados e dúas salas de reunións; e en planta alta, 211 m2 permitirán seis oficinas de entre 16 e 19 metros cadrados.

Teresa-Pedrosa-asina-Baiona-inicio-obras-novo-viveiro-empresas-situará-Casa-Reloxo

Pedrosa quixo resaltar que “esta obra -pola que se vai a recuperar un dos edificios máis emblemáticos do centro histórico de Baiona-, vaise a poder realizar grazas á colaboración institucional entre o Consorcio da Zona Franca, o Concello de Baiona, a Fundación Incyde, os Fondos FEDER e grazas tamén á Tesouraría Xeral da Seguridade Social que cedeu o edificio gratuitamente ao Consorcio”. “Queremos que este novo espazo para o emprendimiento sexa algo máis que unha infraestrutura, queremos un centro que sexa capaz de propulsar novos negocios que diversifiquen e melloren o noso tecido empresarial” engadiu.

A creación deste viveiro empresarial ten unha dobre finalidade, recuperar un edificio emblemático do centro histórico, que foi casa consistorial, e promover a iniciativa empresarial

A creación deste viveiro empresarial foi suxerida a Zona Franca polo Concello de Baiona e segundo explicou o alcalde Jesús Vázquez Almuiña, ten unha dobre finalidade, recuperar un edificio emblemático do centro histórico, que foi casa consistorial, e promover a iniciativa empresarial.

Ademais, será a administración local a que recupere o principal aceno de identidade do inmoble: a Torre do Reloxo. Esta construción, illada do resto de dependencias, segue sendo propiedade do Concello, que a excluíu da venda que fixo nos anos 50 á Seguridade Social.

“Vanse a restaurar a fachada, as xanelas, a escaleira interior, o reloxo e a campá, que é unha das máis antigas de Galicia”, sinalou Vázquez Almuiña. O orzamento municipal xa inclúe unha partida de 50.000 euros para custear os traballos, que se realizarán “en paralelo aos do viveiro de empresas“.

A intención é abrir ao público a torre e integrala nun percorrido turístico, “Baiona desde o alto“, que incluirá, entre outras, visitas a Virxe da Roca ou as torres da fortaleza de Monterreal.

- Publicidade -spot_img