A Asociación de Vilas Mariñeiras, entidade que agrupa a dez dos destinos turísticos máis destacados do norte de España, e á que Baiona pertence como socio fundador, promoverá o vindeiro xoves 23 de abril en Llanes, o terceiro intercambio gastronómico de alta escola. Tres cociñeiros de Galicia, Asturias e Cantabria contarán co respaldo dos alumnos da escola de Hostalaría do IES de Llanes, para elaborar distintas creacións a partir da excelente materia prima existente nestes privilexiados enclaves.
É unha cita na que se vai a pór en valor uno dos principais atractivos das Vilas Mariñeiras: a gastronomía, asentada sobre os alicerces de peixes e mariscos de alta calidade, unida aos exquisitos produtos da horta, viños de excepcional nivel e unha repostaría de luxo, capaz de pór a guinda a este evento culinario.
Os chefs encargados de pór en marcha os fogóns deste terceiro Intercambio Gastronómico son de Baiona (Galicia), Llanes (Asturias) e Santoña (Cantabria). Todos eles contarán para sacar adiante as súas propostas, co respaldo dos estudantes da escola de Hostalaría do IES de Llanes. Representando a Galicia, será o xefe de cociña do Parador de Turismo de Baiona, Pedro Merino, quen deleite aos asistentes coas súas exquisitas creacións.
A degustación, á que está previsto que asistan representantes do ámbito político, social, cultural e empresarial das distintas Vilas, incluirá a degustación de produtos da marca ‘Pescados da rula con arte-sans do Oriente de Asturias’, que agrupa ás lonxas de Ribadesella, Bustio e Llanes.



