spot_img
InicioVal MiñorNigránTeatro do Ar finalista dos premios Xuventude Crea

Teatro do Ar finalista dos premios Xuventude Crea

Teatro do Ar finalista dos premios Xuventude CreaO grupo de Nigrán foi elixido polo xurado dos prestixiosos premios de creación artística que organiza a Xunta de Galicia

O grupo de Nigrán, Teatro do Ar, converteuse esta semana nun dos finalistas do premio Xuventude Crea que concede todos os anos a Xunta de Galicia para premiar a creación artística da xente nova. Premíase desta maneira a traxectoria artística dun grupo de rapaces e rapazas que dende que comezaron no teatro no colexio Arquitecto Palacios de Panxón non paran de crecer.

Teatro do Ar chega á final da categoría de teatro coa súa obra “Lume”, unha creación do seu director Pedro Rodríguez. Unha obra inspirada no “realismo máxico que nos rodea en Galicia”. Para o responsable do grupo este recoñecemento é unha “marabilla que nos animas a seguir soñando e contando historias con teatro”.

Agora, Teatro do Ar, representará a súa obra “Lume” en Santiago de Compostela, xunto a outros cinco grupos de toda Galicia. Alí, un xurado decidirá aos gañadores. Aínda que dende o grupo explican que “nós xa gañamos, agora imos a Santiago a pásalo ben”. A súa actuación será o próximo martes 27 de outubro no Salón Teatro da capital galega.

Dende Teatro do Ar tamén queren agradecer á música Lucía Doval a composición da banda sonora da obra, a Martina Mourelle e a Ana Isabel Barros pola creación de parte do vestiario. “Sen elas, tampouco estaríamos onde estamos”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.