spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorTalleres de manualidades creativas para o mes de abril na Biblioteca de...

Talleres de manualidades creativas para o mes de abril na Biblioteca de Soutomaior

Talleres-de-manualidades-creativas-para-mes-abril-Biblioteca-SoutomaiorA Biblioteca Municipal de Soutomaior acaba de presentar os seus talleres de manualidades creativas que levarán a cabo durante este mes de abril. Os talleres son totalmente gratuítos e realízanse en xornadas diferentes segundo os participantes, os adultos asistirán os xoves ás 10:00 mentres os máis pequenos farano os mércores ás 16:15, ambos os grupos baixo a dirección da artesá Elisabet Hillerud.

Cada sesión dura aproximadamente unha hora e terá lugar na segunda planta da biblioteca. A actividade está aberta a toda a poboación aínda que terán preferencia os solicitantes empadroados no Concello de Soutomaior. O primeiro grupo, o dos adultos, comeza este xoves cun taller no que se realizasen uns pequenos cestos elaborados con técnicas indias. O xoves que vén, día 16 de abril, os participantes repetirán unha das manualidades que máis éxito cultivou en edicións anteriores, o moedeiro con boquilla e peche metálico. A seguinte sesión cambiará de día e realizarase o martes 21 de abril, no horario habitual, e centrarase no bordado e os seus diferentes técnicas. Por último, o xoves 30, celebrarase un taller dedicado á bixutaría en tea no que se elaborarán diferentes tipos de colares e pulseiras.
O grupo dos nenos arrincará mañá, ás 16:15 horas, cun taller no que os máis pequenos aprenderán a confeccionar unhas divertidas libélulas con pinzas adornadas. O mércores seguinte, 15 de abril, os nenos debuxarán e adornarán unhas pequenas bolboretas de papel coa que decorar as súas habitacións. A semana seguinte, día 22 de abril, a sesión estará dedicada á realización duns pequenos marcapáginas con la e tea. Por último, o mércores 29, os nenos maiores de sete anos aprenderán a confeccionar os seus propios cintos cunha sinxela técnica de gancho.
As persoas interesadas en sumarse a esta actividade deben contactar coa Biblioteca Municipal Luís Seoane de Soutomaior na rúa Illas Alvedosas nº 3 de Arcade, a través do teléfono 986 700 291 ou o correo electrónico biblioteca@soutomaior.com

- Publicidade -spot_img