spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior únese á "Ruta do Viño Rias Baixas" para potenciar a sús...

Soutomaior únese á “Ruta do Viño Rias Baixas” para potenciar a sús gastronomía e turismo

Soutomaior-únese-Ruta-Viño-Rias-Baixas-potenciar-gastronomía-turismo
O Concello de Soutomaior xa forma parte da Ruta do Viño Rías Baixas despois de que o alcalde, Agustín Reguera, asinase a semana pasada o convenio para formar parte desta asociación, xunto ao presidente da ruta, Juan Gil de Araujo.

Con esta unión, o Concello de Soutomaior pretender potenciar a súa gran oferta gastronómica e patrimonial e obter así unha nova canle de comercialización a través das accións que leve a cabo a Ruta do Viño, que só no ano 2014 recibiu a 77.690 visitantes.

Durante o pasado ano a ruta enológica acolleu case 80.000 visitantes nas súas adegas

Tras a firma, ambas as partes coincidiron en afirmar que a integración na ruta supón unha oportunidade para dar un salto cualitativo na oferta turística do municipio.”Estamos seguros que esta nova incorporación animará aos establecementos hostaleiros e de restauración a seguir enriquecendo a gran oferta enoturística que xa goza Soutomaior“, afirmou o presidente da Ruta.

Desde o Concello son conscientes da interesante oportunidade que ofrece unirse a este tipo de iniciativas co obxectivo de impulsar o sector hostaleiro da zona, axudando a dar a coñecer as potencialidades gastronómicas e patrimoniais de Soutomaior e integralas en paquetes turísticos da ruta nos que xa se está traballando para o goce dos seus visitantes.

Agora, o alcalde manterá distintos encontros con diferentes adegas do municipio para que se adhiran tamén á ruta para continuar potenciando esta vía de dinamización económica e cultural.

O presidente da Ruta, Juan Gil, expresou o seu agrado por unha asociación na que recoñeceu que “Soutomaior tiña que formar parte da nosa Ruta. Ademais do seu gran potencial enológico é unha zona con gran atractivo turístico, o que permite dispor de múltiples ofertas de lecer complementarias como o turismo cultural, gastronómico, de sol e praia...”.

A Ruta do Viño Rías Baixas está rexida por unha asociación sen ánimo de lucro que integra todas as entidades asociadas á Ruta. Para adherirse, cada socio ha de cumprir unha serie de parámetros específicos de acordo ao tipo de servizo como as adegas visitables, servizos de cata, aloxamentos, restaurantes…,que garantan manter o nivel de calidade da ruta.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.