spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior organiza a II Xornada Enoturística con viticultores e hostaleiros do municipio

Soutomaior organiza a II Xornada Enoturística con viticultores e hostaleiros do municipio

soutomaior-organiza-a-ii-xornada-enoturistica-con-viticultores-e-hostaleiros-do-municipioA cita celebrouse na tarde de onte nas tres adegas do concello e tivo como obxectivo principal impulsar a colaboración entre restauración e adegas de Soutomaior

Revista Cousas de nº21

As tres adegas do concello de Soutomaior, Quinta das Eiras, Cosecheros Reunidos e Noelia Bebelia acolleron a II Xornada Enoturística organizada pola concellería de Turismo.

A celebración desta actividade reuniu unha trintena de propietarios de establecementos de restauración e do comercio local que vende albariño de Soutomaior.

Unha xornada onde tamén se presentou a marca Enoturismo de Soutomaior  que ten como obxectivo englobar todas as actividades vencelladas co albariño de Soutomaior.

Para dita presentación contaron coa presenza da técnica da ruta do viño Rías Baixas, Laura Expósito, quen lles explicou o que implicaría formar parte desta ruta tanto a hostalería, comercio e como ás adegas. O obxectivo principal desta xornada foi o de fomentar a colaboración entre o sector adegueiro e a marca Albariño de Soutomaior. Desta maneira, os hostaleiros e empresarios que asistiron a esta cita dividíronse en tres grupos co fin de realizar unha degustación e unha cata en cada unha das adegas do concello e así coñecer de primeira man a calidade do produto.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A concelleira de Turismo, Silvia Cernadas, dixo que esta xornada “amosa que o concello está altamente comprometido, trátase dun impulso á marca Albariño de Soutomaior que forma parte da Denominación de Orixe Rías Baixas que é a subzona máis pequena e máis descoñecida da DO a pesar de que ten un grande prestixio histórico o albariño que se fixo en Soutomaior. Por resta razón pensamos que convén darlle un pulo da banda do sector da hostalería que é un baluarte dentro da nosa economía local”.

Cabe destacar que Soutomaior sempre foi considerada unha subzona propia e independente de Rías Baixas debido ao seu prestixio histórico e á singularidade dos seus viños.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.