spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior estrea en Arcade o primeiro parque canino do concello

Soutomaior estrea en Arcade o primeiro parque canino do concello

soutomaior-estrea-en-arcade-o-primeiro-parque-canino-do-concello

Mañá sábado día 9 a partir das 21,00 horas o Concello de Soutomaior poñerá en funcionamento o primeiro parque canino e circuíto agility para cans en Arcade.

Isto vai supoñer un importante salto cualitativo para o municipio, tanto para os donos de mascotas como para a colectividade. A instalación, situada nun das marxes da estrada N-550 encima do túnel do AVE conta cunha extensión de 900 metros cadrados.

Á parte de lograr un espazo de benestar para os cans, o circuíto tamén contempla un servizo para deposiciones e un bebedoiro, tamén para ir logrando unha conciencia colectiva sobre os donos de mascotas no respecto doutras zonas comúns que, de forma incívica, son usadas para que os cans fagan as súas necesidades.

Este novo circuíto destinado ao lecer dos cans durante o seu percorrido ten ancorados varios aparellos de ximnasia para que as mascotas poidas exercitarse neste circuíto lúdico.

Como complemento a esta posta en funcionamento do parque terá lugar unha exhibición canina onde se poderá ver a distintos cans superar os obstáculos lúdicos do espazo canino.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.