O Concello de Soutomaior celebrou esta fin de semana, con gran éxito de participación e de publico, a XXIII edición do seu Certame da Camelia na Casa do Pobo do Val-Sobral
Os PREMIOS ao MELLOR ESCAPARATE foron entregados por Rosana Comesaña, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Hostalería do Concello de Soutomaior:
5º premio: COSTUREIRAS
4º premio: MODA INFANTIL RAPACES
3º premio: RESTAURANTE MUXICA
2º premio: NEUMÁTICOS ARCADE
1º premio: PEÑA DE FRANCIA
Silvia Cernadas, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Soutomaior, foi a encargada de facer entrega dos PREMIOS aos mellores EXPOSITORES:
5º premio: ASOCIACIÓN CULTURAL E ARTÍSITICA DAS MULLERES DO RURAL DE SOUTOMAIOR.
4º premio: ALBA ROMERO MAESTU
3º premio: OLALLA CASTRILLO SÁNCHEZ
2º premio: EVA MARTÍNEZ SEOANE
1º premio: ASOCIACIÓN VECIÑAL SAN BENITO DE ROMARIZ
O alcalde, Manu Lourenzo, foi o encargado de entregar os PREMIOS nos CENTROS ESCOLARES:
3º premio: ESCOLA EDUCACIÓN INFANTIL DE ROMARIZ
2º premio: COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL
1º premio: CEIP MANUEL PADÍN TRUITUEIRO
Manu Lourenzo tamén foi o encargado de entregar o PREMIO á INCLUSIÓN a BOAS APERTAS, e o alcalde e Lelita Gradín fixeron entrega do “premios especial de Lelita Gradín” a ELENA VARCÁRCEL BAQUEIRO.
En declaracións a esta revista, a concelleira de Cultura e Turismo, Silvia Cernadas, subliñou que “esta é unha cita que, a pesar dos ‘atrancos’, seguirá sendo un punto de referencia para as persoas cultivadoras e afeccionadas.

A XXIII edición da Camelia pechou a súa programación cun fermoso concerto da Coral Polifónica de Soutomaior.










