spot_img
InicioBaixo MiñoSOS Tomiño Baixo Miño prestou axuda alimentaria a unha media de 125...

SOS Tomiño Baixo Miño prestou axuda alimentaria a unha media de 125 familias da comarca en 2024

sos-tomino-baixo-mino-prestou-axuda-alimentaria-a-unha-media-de-125-familias-da-comarca-en-2024Distribuíu máis de 86.900 quilos de alimentos procedentes de campañas solidarias, doazóns de empresas, centros educativos e achegas particulares

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño continúa o seu incansable labor social no territorio, prestando apoio alimentario a unha media mensual de 125,82 familias nos concellos de Tomiño, Tui, O Rosal e Oia. No caso concreto de Tomiño, foron unha media de 24,27 familias mensuais as que recibiron apoio durante o ano 2024.

Con máis de 16 anos de traxectoria, a entidade distribuíu en 2024 máis de 86.900 kg de alimentos, procedentes de campañas solidarias, doazóns de empresas, centros educativos e achegas particulares.

Este pasado fin de semana tivo lugar a tradicional comida solidaria da asociación, un emotivo encontro no que participaron máis de 200 persoas, incluído o presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo. Durante a xornada, recoñeceuse publicamente o labor das persoas voluntarias e de todas as entidades colaboradoras que fan posible o traballo da asociación ao longo de todo o ano.

A colaboración da comunidade é fundamental en todo este labor, e maniféstase a través da implicación de centros educativos, empresas, negocios locais, particulares, e tamén grazas ao apoio institucional dos concellos implicados, que contribúen de forma activa a soster a estrutura loxística e social da asociación. Un exemplo do compromiso colectivo é a “Árbore dos Desexos”, unha iniciativa de Nadal que leva agasallos a nenos e nenas de familias con escasos recursos, grazas á solidariedade da veciñanza.

Dende o Concello de Tomiño, queremos expresar o noso recoñecemento e agradecemento público á Asociación SOS Tomiño Baixo Miño polo seu traballo incansable e pola súa entrega diaria ao servizo das persoas en situación de vulnerabilidade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.