spot_img
InicioVal MiñorNigrán'Sidecars' pecharon a quinta edición de Vive Nigrán

‘Sidecars’ pecharon a quinta edición de Vive Nigrán

'Sidecars' pecharon a quinta edición de Vive NigránVive Nigrán pechou este sábado a súa quinta edición co concerto da banda ‘ Sidecars’ no recinto de Monte Lourido. 

Cun espectacular atardecer, definido por Juancho, vocalista, como ‘o escenario máis bonito no que estivemos nunca’, os madrileños ofreceron un percorrido por temas do seu último traballo ‘Ruído de fondo’ e polos seus grandes éxitos, unha lista de cancións imprescindibles nos seus directos que aos poucos se vai facendo máis longa.

En máis de dúas horas de concerto, a banda moveuse entre os momentos máis íntimos e os temas máis enérxicos. Sidecars deleitaron a un público entregado, cun directo moi compacto lembrando os sobrados motivos polos que se fixeron cun importante nome no panorama musical español. Juancho ademais quixo dedicar o seu show en Nigrán a Samuel, o mozo asasinado hai unhas semanas na Coruña.

Con este concerto, para o que se esgotaron as entradas hai semanas, pechábase unha quinta edición de VIVE NIGRÁN pola que pasaron tamén Shinova, Mounqup, Natalia Lacunza, Babykatze, Locoplaya, Verto e o vigués Cedecé. A organización tivo que reprogramar o cartel #ante o aprazamento de Xenebras, tras un positivo en COVID. Este concerto celebrarase nunha nova data da que se informará proximamente.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.