spot_img
InicioVal MiñorNigránSete alumnos do CEE Juan María realizan as súas prácticas como xardineiros...

Sete alumnos do CEE Juan María realizan as súas prácticas como xardineiros en zonas verdes de Nigrán

Sete alumnos do CEE Juan María realizan as súas prácticas como xardineiros en zonas verdes de NigránUn total de 7 alumnos iniciaron hoxe este curso que consta de prácticas laborais en espazos do Concello e do Camping Playa América

O Concello de Nigrán facilita os seus espazos verdes para a realización de prácticas laborais do alumnado do CEE Juan María como parte do curso ‘Limpeza Vial e Mantemento de zonas axardinadas’. Un total de 7 persoas mozas con discapacidade intelectual iniciaron hoxe esta actividade formativa dirixida a mellorar a súa empregabilidade no marco do Programa Operativo POISES 2014-2020- ‘Uno a Uno-Ano 2020’. O curso consta de 366 horas e se extenderá ata o 23 de abril, combinando a formación teórica (201 horas) coa práctica matinal (165 horas) en zonas verdes do Concello de Nigrán e o camping de Playa América, onde irán rotando.

“Desde o Concello de Nigrán consideramos que é o noso deber como administración facilitar todos os medios para a realización deste tipo de actividades formativas. Nos xa sabemos de primeira man que son os mellores traballadores porque os temos contratados para o mantemento das beirarrúas en Porto do Molle”, explica o alcalde, Juan González.

O proxecto busca fomentar as capacidades e competencias persoais, sociais e laborais destas 7 persoas co obxectivo de que desenvolvan unha actividade profesional da que obterán a súa correspondente acreditación final. Ao mesmo tempo, preténdese que adquiran competencias de cara á busca de emprego, acceso, e mantemento do mesmo, para o que contan con módulos formativos específicos.

- Publicidade -spot_img