spot_img
InicioVal MiñorNigránServicios Sociais de Nigrán realiza un reparto de alimentos frescos e non...

Servicios Sociais de Nigrán realiza un reparto de alimentos frescos e non perecedeiros entre as familias vulnerables do municipio

Servicios Sociais de Nigrán realiza un reparto de alimentos frescos e non perecedeiros entre as familias vulnerables do municipioA entrega incluíu a compra realizada polo Concello no comercio local de ovos, mazás, repolos e patacas e, entre os produtos perecedoiros, parte do recadado polo GES Val Miñor e o CEIP Humberto Juanes

O Concello de Nigrán, a través de Servizos Sociais, iniciou hoxe un novo reparto de alimentos entre 43 familias en situación de vulnerabilidade no municipio. Nesta ocasión a achega constou de alimentos frescos adquiridos no pequeno comercio local e de non perecedoiros procedentes de sendas recadacións realizadas recentemente polo GES Val Miñor e CEIP Humberto Juanes entre o seu alumnado.

Deste xeito, o concello adquiríu 60 ducias de ovos a El Rancho S.L. e 50 kg de mazás, 84 kg de repolos e 250 kg de patacas a Frutas Vilar. Ademais, na entrega incluíuse unha pequena parte da máis de media tonelada de alimentos non perecedoiros recadados desde o CEIP Humberto Juanes nunha carreira solidaria a semana pasada e dos 320 kg recadados polo GES Val Miñor os pasados días.

A raíz da crise sanitaria da Covid-19 o Concello deu un xiro ao Banco de Alimentos Municipal ofrecendo mensualmente compras completas e non só produtos non perecedoiros. “Multiplicamos as adquisicións e, afortunadamente, multiplicouse tamén a solidariedade ante a situación de necesidade de moitas familias que quedaron sen emprego ou sen poder continuar o seu negocio”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.