spot_img
InicioVigo e áreaVigoSemana do saxofón no Conservatorio Superior de Música de Vigo

Semana do saxofón no Conservatorio Superior de Música de Vigo

semana-do-saxofon-no-conservatorio-superior-de-musica-de-vigoO martes 22 de abril comeza unha intensa semana protagonizada polo ciclo Saxornadas no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Revista Cousas de Nº24

A primeira cita estará protagonizada polos docentes Saša Nestorović (saxofón soprano) e Sabrina Zelić (piano) da Academia de Música de Zagreb. Interpretarán música de Ivan Lukačić, JC.Ph.E. Bach, Mladen Stahuljak, Renato Rožić, Saša Nestorović e Johann Sebastian Bach.

O martes ás 20 horas, será o pistoletazo de saída da semana do piano cun recital a catro mans protagonizado polo “Dúo Gallarte”. Os pianistas Francesco Dei Marco e Andrea Micucci do Conservatorio G. Puccini” de Gallarate (Italia) interpretarán obras de Grieg, Rachmaninov e Kapustin.

O mércores 23 ás 20 horas será en quenda do dúo de saxofones Syderix formado por Efrén Soto López e Liliana Ortega Arteaga. Contarán coa colaboración de Magdalena Argibay ao piano.

O xoves 24 a música para cuarteto de saxofones protagonizará o concerto. O cuarteto Essenza Quartet formado polos saxofonistas Tamara Souto Rey (soprano), María Loureiro Hernández (alto), Joel Rodrigo Mayán (tenor) e Esteban Cabana Pérez (barítono). Interpretarán música de Antoní Dvořák e Guillermo Lago.

Pecharemos a semana o venres 25 ás 20 horas con Silvio Zalambani docente do Conservatorio de Trapani acompañado polo Ensemble de Saxofóns do CSM de Vigo. Interpretarán un concerto titulado “O saxofón na música de Latino America”.

Todos os concertos terán lugar no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo ás 20 horas e a entrada aos eventos é libre ata completar aforo.

Para máis información sobre o Festival Nas Ondas e a súa programación completa, pódese consultar a páxina oficial do Conservatorio Superior de Música de Vigo www.csmvigo.com

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.