O 1 de abril empeza no Conservatorio Superior de Música de Vigo a semana dedicada ao piano cunha programación variada e ecléctica
O martes 1 de abril de 2025, ás 20 horas, será o pistoletazo de saída da semana do piano cun recital a catro mans protagonizado polo “Dúo Gallarte”. Os pianistas Francesco Dei Marco e Andrea Micucci do Conservatorio G. Puccini” de Gallarate (Italia) interpretarán obras de Grieg, Rachmaninov e Kapustin.
O mércores ás 20 horas será en quenda dos alumnos do conservatorio Erica Rodriguez, Sergio Rodriguez, David Buceta, Alba Feijoo, Cristina Redondo e Mirta Arribas nun concerto titulado “Co piano na música latinoamericana”.
O concerto do xoves “Loces e sombras do pianismo: de Beethoven a Prokofiev”, propón unha viaxe sonora que abarca máis dun século de música, no que o público poderá gozar dun concerto cheo de contrastes que combina paixón, escuridade e virtuosismo con algunhas das obras máis representativas para piano de compositores como Beethoven, Rachmaninov, Turina, Prokofiev, Brahms e Bartók. Os intérpretes serán os alumnos do conservatorio: Adrián Abalde Lameiro, Emma Rial Vázquez,Helena Fernández Gil, Rafael Rodríguez Senn e Manuel Muñiz Pintos.
O broche de ouro á semana do piano correrá a cargo de José Manuel Fernández o venres 4 de abril ás 20 horas cun concerto titulado “Rachmanolus contra o Piano” . Un concerto teatralizado no que se realiza unha reflexión irónica sobre o panorama artístico musical actual e a influencia que a “industria musical” e as redes sociais exercen sobre o intérprete e o público.
A cita terá lugar no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo e a entrada aos eventos é libre ata completar aforo.
Para máis información sobre o Festival Nas Ondas e a súa programación completa, pódese consultar a páxina oficial do Conservatorio Superior de Música de Vigo www.csmvigo.com



