Hoxe mércores día 10 deuse comezo ao programa desenvolvido pola concellaría de Educación, conxuntamente coa de pesca e Marisqueo que levan os concelleiros Mª Jesús Garbín e Antonio Garrido “Semana Dás Algas” dirixido aos escolares dos centros de educación do concello de Baiona.
Un grupo de escolares participaron nas devanditas xornadas nas cales consistiron nunha charla divulgativa na quetiveron a ocasión os nosos mozos de saber as algas que temos no noso mar, de como se procede á súa recollida e a elaboración da mesmas para o seu uso tanto terapéutico como gastronómico, remontándose tamén a tempos pasados, así puideron saber estes escolares un pouco da nosa historia con estes produtos como que xa existían recolectores de algas no noso municipio desde finais de 1800 e a existencia do balneario da praia de Concheira a cal visitaban infinidade de persoas polas súas propiedades curativas entre outros moitos máis datos e información proporcionada na devandita charla, ao remate da mesma dividíronse en grupos aos que se lle deu un formulario cunha receita que deberían supostamente que elaborar, para a cal tiñan que comprar os produtos necesarios para iso, indicando no formulario cantidade prezo etc. dos mesmos, así tiveron a ocasión de interactuar cos comerciantes da praza de abastos e probar en persoa o que sería un día de compras no.
Xa por ultimo os escolares degustaron pizza e tortilla elaborada con algas como punto final a tan educativa xornada.
Dentro do programa iniciado Semana Dás Algas, realizásese o Venres día 12 de 17:00 á 19:00 horas un Obradoiro para todos os nenos do concello que queiran participar con charlas informativas e demais e o Sabado 13 ás 11:00 horas un
“Curso de Cociña como Cociñar con Algas”, todo iso na praza de Abastos de Baiona, poderá participar todos os vecin@s que o desexen.




