Inicio Galicia Compostela Seguridade no Apóstolo, recomendacións e reforzo do servizo de transporte urbano

Seguridade no Apóstolo, recomendacións e reforzo do servizo de transporte urbano

Seguridade-Apóstolo-recomendacións-reforzo-servizo-transporte-urbano

A Concellería de Medio Ambiente e Convivencia comunica que, por motivos de seguridade restrinxirase o acceso con mochilas e bolsos de gran tamaño á Praza do Obradoiro a noite do 24 de xullo. Na mañá do 25 de xullo, durante os actos da Ofrenda ao Apóstolo, a restrición afectará á propia Praza do Obradoiro e á Catedral.

Habilitarase como consigna o Pavillón Lorenzo de la Torre (situado en Costa Nova de Abaixo, s/n, próxima a Xoán XXIII) no seguinte horario:

– Día 24: de 18.00 h. a 1.00 h.
– Día 25: de 9.00 h. a 14.00 h.

24 de xullo
Dende as 15:00 horas do mércores 24 de xullo, queda prohibido estacionar na rúa Costa Vella, restrición que se estende ata o remate dos fogos (noite do 24).

O día 24 de xullo, a restrición de acceso á praza do Obradoiro aplicarase a partir das 20:00 horas, momento en que quedará pechada para facilitar o acceso do público ao espectáculo e o dispositivo de seguridade do mesmo.

CORTES DE TRÁFICO E ACCESO PEONIL

– Dende as 21:00 horas cortaranse ao tráfico as seguintes rúas: Xoán XXIII (tramo entre avenida do Burgo e San Francisco)-Costa Nova-Castiñeiros entre Morón e San Francisco e costa de San Francisco.

– A partir das 22:30 horas prohibirase o tránsito de peóns nas rúas Xoán XXIII entre o cruce do Burgo e San Francisco, Costa Nova-Xazmíns, Costa Vella-Porta da Pena, Xoán XXIII-Castiñeiros, Trinidade-Raxoi.

RECOMENDACIÓNS DE TRÁFICO E ESTACIONAMENTO

Debido á intensidade do tráfico na noite do 24 de xullo, recoméndase aos condutores a utilización da AP-9 para a circunvalación da cidade.

Lémbrase a importancia de prestar atención aos paneis variables situados nas entradas ao casco urbano e sobre todo os ubicados na AP-9 e no periférico.

En canto ao estacionamento, recoméndase aparcar os vehículos fóra do centro e evitar o tránsito polas súas inmediacións.

Tamén se recomenda evitar o tránsito peonil por Carretas na medida do posible.

25 de xullo
Na mañá do 25 de xullo, o paso restrinxido pola praza abarcará das 9:00 ás 14:00 horas.

Este mesmo día e por mor das manifestacións que sairán da Alameda, recoméndase aos condutores evitar o entorno da praza de Galicia entre as 11.30 e as 14.30 horas.

Reforzo do servizo de transporte urbano
Con motivo da celebración das festas do Apóstolo, os servizos de transporte urbano das liñas 1 e 6 verán incrementados os seus servizos do seguinte xeito:

Venres 24: Liña 6

A liña 6 reforzarase a tarde do día 24, mantendo os mesmos horarios que os días laborables en horario de inverno:
– Saídas de San Marcos: 7:00, 7:20, 7:35 e de 7:50 a 22:50, cada 20 minutos.
– Saídas de Os Tilos: de 7:00 a 23:00, cada 20 minutos.

Todas as prolongacións da liña manterán os horarios habituais do verán, coa excepción das voltas dende Vilamaior en horario de tarde, que serán aproximadamente ás 16:30, 17:30, 20:50 e 22:30 (en lugar de 16:20, 17:20, 20:40 e 22:20).

Sábado 25: Liñas 1 e 6

Liña 1 (reforzo en horario de mañá, ata as 15:00):

– Saídas do cemiterio de Boisaca: 7:30, 8:00, 8:20 e cada 20 minutos ata as 15:00. A partir das 15:00, cada 30 minutos.
– Saídas do hospital Clínico: desde as 8:00 ata as 15:00, cada 20 minutos. A partir das 15:00, cada 30 minutos.

Liña 6 (reforzo ao longo de todo o día):

– Saídas de San Marcos: de 7:30 a 23:00, cada 30 minutos (por Amio, ás 8:00 e ás 11:00; por Asilo, ás 16:30).
– Saídas de Os Tilos: de 7:15 a 22:45, cada 30 minutos (por Amio, o servizo das 22:15).

As restantes liñas do transporte urbano terán o venres 24 horarios de día laborable e, o sábado 25, horarios de día festivo ao longo de todo o día.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies