spot_img
InicioVal MiñorNigránSegunda Festa Equina en Nigrán

Segunda Festa Equina en Nigrán

A Carreira Solidaria e a Feira Cabalar, dous grandes eventos na última fin de semana das Festas de San Telmo de Tui
A imaxe corresponde a unha proba de enganche de 2019. Cedida

O Polígono de Porto do Molle en Nigrán, acolle esta fin de semana a Segunda Festa Equina. Trátase da final galega do campionato de enganches e da ‘Copa Galicia’ e o evento inclúe doma clásica e diferentes espectáculo ecuestres, ademais de concertos e unha feira de artesanía

Revista COUSAS DE Nº18

O Concello de Nigrán, en colaboración con ACOAGA, a Asociación Hípica Gz-Horse e a Federación de Hípica Galega, ofrece desde este venres e ata o domingo en Porto do Molle a súa segunda festa equina, consistente na final do campionato galego de enganches e ‘Copa Galicia’. Ademais, o evento inclúe diferentes exhibicións, concertos e estará instalada no recinto unha feira de artesanía.

A festa arranca o venres con exhibicións de diferentes clubes e bautismos hípicos. O sábado pola tarde, Alejandro Nande, veciño de Nigrán e Campión de España de Doma Clásica Paraecuestre con tan só un 10% de visión, realizará desde as 17:00 horas unha exhibición de doma clásica. A partir das 18:00 haberá unha competición na especialidade de jincana ou ‘mounted games’. A xornada continuará con música tradicional en directo.


Xa o domingo, desde as 11:00 horas, será o concurso demostración de enganches de carruaxes con diferentes modalidades (con dous cabalos ou un), e ás 13:30 a entrega de trofeos. Ás 16:30 horas será a final da Copa de Galicia e o evento rematará ás 20:00 horas co concerto de ‘Black hats’.

- Publicidade -spot_img