spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaSe queredes navegar este verán no volanteiro Piueiro, aqui contámosvos como

Se queredes navegar este verán no volanteiro Piueiro, aqui contámosvos como

Se queredes navegar este verán no volanteiro Piueiro, aqui contámosvos comoO prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana

Revista COUSAS DE Nº18

No ano 2019 a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro Piueiro tras meses de traballo no estaleiro do Pasaxe para construír esta gran embarcación que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s.XX.

Durante os meses de verán vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro

O Concello da Guarda colabora un ano máis coa Asociación Piueiro e durante os meses de verán vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.

Ademais do patrocinio das saídas, o Concello da Guarda xestionará as reservas das saídas  a través da Oficina de Turismo (Praza do Reló) que conta cun horario de apertura de luns a domingo.

O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana e poderase realizar presencialmente na Oficina de Turismo, mediante mail aguarda.oficina.turismo@gmail.com ou chamando ao teléfono 986 61 45 46 a partir das 10:00h, horario de apertura do domingo.

Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Recordase que é preciso estar 15 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto) e a saída terá unha duración aproximada de 45 minutos.

Estas saídas de navegación comezaron esta pasada fin de semana coincidindo da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

Os horarios previstos das saídas diarias son 17:00h, 18:00 e 19:00h e das datas previstas segundo semana son:

Xullo:

  • Martes 4 e venres 7
  • Mércores 12 e sábado 15
  • Martes 18 e venres 21
  • Mércores 26 e sábado 29

Agosto:

  • Mércores 16 e sábado 19
  • Martes 22 e venres 25
  • Mércores 30

Setembro:

  • Mércores 6 e sábado 9
  • Martes 12 e sábado 15
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.