spot_img
InicioVal MiñorBaionaSanxenxo, Vigo e Baiona unidas polo Trofeo Verde

Sanxenxo, Vigo e Baiona unidas polo Trofeo Verde

Tres regatas fronte ás Cíes resolven un Trofeo Repsol moi igualadoO Monte Real Club de Yates inaugura este sábado a tempada de vela pesada co Trofeo Verde que incluirá dúas regatas simultáneas con final en Baiona

Revista Cousas de Nº24

As augas das rías de Pontevedra e Vigo encheranse de velas o vindeiro sábado coa celebración do Trofeo Verde, unha competición organizada polo Monte Real Club de Yates coa colaboración do Real Club Náutico de Vigo e o Real Club Náutico de Sanxenxo.

A cita unirá Sanxenxo, Vigo e Baiona en dúas regatas simultáneas. A proba máis madrugadora partirá ás doce do mediodía desde o náutico lilaíno con 22 millas por diante ata o seu final en Baiona, onde tamén acabará a regata de 15 millas que sairá ás dúas da tarde desde as proximidades do porto vigués.

ORC’s, J80’s e Fígaros disputaranse a competición coa que o Monte Real abre a súa tempada de cruceiros e na que se prevé a participación duns 50 veleiros e uns 300 regatistas de clubs de diversos puntos de Galicia e Portugal.

Aínda que o prazo de inscrición aínda non está pechado e non será ata o venres cando se saiba o total de participantes, xa se saben algúns dos nomes que estarán na auga. Competindo nas distintas divisións de ORC, veremos a tripulacións como as do Yess Too do portugués Rui Ramada ou o Fend a Bise de Jean Claude Sarrade, ambos os do Monte Real Club de Yates. Polo náutico vigués competirán o Deep Blue 2.1 de Vicente Cid, ou o Magical de Julio Rodríguez, entre outros. Beluso, Aguete, Castrelo de Miño, Bouzas, Panxón, Moaña ou Rodeira serán outros dos clubs con representación no Trofeo Verde.

Na clase J80 estarán equipos como os do Alboroto de Javier Aguado, o Waikiki de Andrés Gómez, o Namasté de Luis de Mira, o Abril de Chisco Catalán ou o Grupo Puma – Spaco de Santi Estévez.

Haberá tamén división de dous en dous para tripulacións reducidas ao máximo, na que competirán parellas como as de Jacobo Vecino e Brenda Maure (Salaño Dúas), José Luis Ríos e María Jesús Montes (Bonaventure), Roberto Telle e Ana da Torre (Aquilón) ou Juan Carlos Trabazos e José Ignacio Correa (Asante Sana).

E a bordo dos Fígaro do Monte Real, dentro da clase ORC Extra, sairán a competir tripulacións formadas por alumnos da Escola de Vela do club, que se medirán con barcos como o Salpoente do Club Naval Povoense (Povoa de Varzim) ou o Salao Dos de Juan Carlos Sicre.

Ademais de competir no Trofeo Verde, as embarcacións participantes puntuarán tamén na liga Cíes-Rande, que se celebra en diferentes etapas. A entrega de premios celebrarase unha vez finalicen ambas as probas, ao redor das sete da tarde, nas instalacións do Monte Real Club de Yates.

O Trofeo Verde está patrocinado por Imprime Verde, un centro de impresión en gran formato e fine-art caracterizado pola calidade e sustentabilidade dos seus traballos. Conta ademais coa colaboración do Real Club Náutico de Sanxenxo e o Real Club Náutico de Vigo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.