spot_img
InicioO SalnésSanxenxo consegue a Bandeira Verde de Galicia polas súas prácticas para conservar...

Sanxenxo consegue a Bandeira Verde de Galicia polas súas prácticas para conservar e protexer o medio ambiente

sanxenxo-consegue-a-bandeira-verde-de-galicia-polas-suas-practicas-para-conservar-e-protexer-o-medio-ambienteSanxenxo suma un novo distintivo á súa longa lista en praias e sendeiros, a Bandeira Verde de Galicia, como recoñecemento ás boas prácticas coa conservación, a protección da paisaxe e do medio ambiente

Revista Cousas De Nº19

O municipio presentou á convocatoria un total de nove acciones: A senda fluvial de Dorrón, a actuación na contorna do colexio de Portonovo, a posta en valor das dunas e mellora de accesibilidade na praia de Areas, melloras de eficiencia enerxética no parque empresarial de Nantes, o fomento de compostaxe con dous novos composteiros e a repartición de composteiros individuais, así como a posta en marcha do punto limpo móbil e o punto limpo de proximidade.

O concelleiro de Medio Ambiente, Yago Torres, acudiu ao municipio ourensán de Porqueira para recoller a Bandeira Verde de Galicia. “Este distintivo supón un recoñecemento polo traballo realizado, pero tamén nos esixe seguir mellorando na xestión de residuos, na eficiencia enerxética e na loita contra ou cambio climático”, dixo.

Un traballo de fondo que leva realizando nos últimos anos. En 2019, aprobouse o Plan de Mobilidade Sustentable do Concello de Sanxenxo que é un documento de desenvolvemento estratéxico do territorio baixo unha visión integradora que ten por finalidade formular un conxunto de estratexias e actuacións orientadas á implantación de formas de desprazamento máis sostibles que fagan compatibles o desenvolvemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente, garantindo así unha mellor calidade de vida dos veciños e veciñas.

En 2020, o Concello de Sanxenxo, aprobou o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible, formando parte do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía co obxectivo de avanzar nas súas actuacións #ante o cambio climático, tanto na mitigación como na adaptación, mellorando o coñecemento sobre a situación no municipio. Ademais, o Concello forma parte da Axenda 2030 da Deputación de Pontevedra e xa traballa na elaboración da súa propia axenda urbana.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.