spot_img
InicioCondado ParadantaSalvaterra será a sede do novo club de montaña transfronteirizo Airiños

Salvaterra será a sede do novo club de montaña transfronteirizo Airiños

Salvaterra será a sede do novo club de montaña transfronteirizo AiriñosO Salón de Actos do Concello de Salvaterra acolleu a presentación de AIRIÑOS, un novo clube de montaña transfronteirizo e que terá a súa sede nesta localidade

Este clube se presenta para fomentar a armonía entre persoas amantes da natureza e para o goce de actividades nas contornas naturais, onde o RESPETO ao Medio Natural e ás persoas que comparten estas experiencias, será o principal dos valores.

“O noso maior desexo consiste en compartir a actividade de ocio que máis nos gusta, camiñar xuntos”, comenta o seu Presidente e Guía de Montaña, Isidro Castro.

Gracias a esta iniciativa, os nosos veciños e veciñas, así como calquera persoa doutro concello que o desexe, poderán visitar espazos marabillosos situados dentro das fronteiras do noso municipio, promocionando deste xeito a enorme oferta de sendas que posúe o noso Concello ao longo do Río Miño, Tea e Mendo. Ademais, grazas ao Clube Airiños se farán saídas a outros espazos naturais situados en distintos puntos da Comunidade Galega, a nosa veciña Portugal e a outros lugares da natureza que convide unha visita.

Nos comprace tamén subliñar que este clube, tanto co seu Presidente como coa Coordinadora e Guía no medio Natural, Adilia Abreu, levarán a cabo diversos plans de actuación de actividades de solidariedade e voluntariado, por medio de convenios para grupos e asociacións de persoas con discapacidade física que psíquica.

Nas vindeiras datas, O Concello publicará algunas das actividades propostas polo Clube Airiños, para que as persoas interesadas poidan inscribirse e gozar dunha actividade chea de beneficios e saúde.

- Publicidade -spot_img