spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda reabre o seu mercadiño dos mércores

Salceda reabre o seu mercadiño dos mércores

Salceda reabre o seu mercadiño dos mércoresO Concello de Salceda de Caselas anuncia a reanudación do mercado semanal dos mércores a partir do mércores 27 de maio, máis de dous meses despois da súa suspensión por mor do decreto de estado de alarma.

Nesta primeira fase volven os postos do sector agroalimentario, 15 no caso de Salceda de Caselas, o que supón algo menos do 25%  dos postos totais do mercado. O sector téxtil terá que agardar polo de agora a que as novas normas permitan o seu retorno con tódalas garantías sanitarias.

O Concello ten coordinado coa policía local o dispositivo de funcionamento do mercado a partir deste mércores, coa colocación de vallas e encintando que delimiten a zona de paso da clientela, asi como coa colocación de cartelería ao longo de todo espazo, na que se recollerán as normas a cumplir polas persoas que acudan a facer as súas compras. A policía local velará polo cumprimento do aforo nestes postos, tal como se ven realizando xa nos últimos dous meses na praza de abastos.

Dende o Concello lembran a obrigatoriedade de asistir con máscaras protectoras a realizar as compras, así como de gardar as distancias e cumprir coas instrucións que vaia indicando a propia policía local, que neste caso contará co apoio de protección civil.

Verónica Tourón, Concelleira de Comercio: “damos un pasiño máis na reactivación da economía local, e facémolo en todo momento cumprindo as normas e garantindo a seguridade tanto para o sector ambulante como para a propia clientela”.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Iremos dando pasos na reactivación dos moitos servizos municipais sempre que se poidan cumprir os protocolos, que resultan complexos e moi custosos. Apostamos pola nosa Praza de Abastos dende o comezo, e agora sumamos a activación do mercado semanal”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.