spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda celebra o 30 aniversario do seu Festival de Bandas de Música

Salceda celebra o 30 aniversario do seu Festival de Bandas de Música

O compositor José Alberto Pina Picazo será o presidente de honra do Festival

Revista COUSAS DE Nº18

Un ano máis as Bandas de Música serán protagonistas do Verán Cultural de Salceda de Caselas, e este ano dun xeito especial, pois o Festival de Bandas de Música celebra a súa edición número trinta.

O festival, organizado polo Concello de Salceda de Caselas e a Banda Cultural de Salceda contará coa participación da Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, nunha cita que se realizará no patio do CEP Altamira, ás 21.30 horas do sábado.

Unha cita tan importante como a deste ano tiña que contar cunha conmemoración á altura. Deste xeito, o Festival contará un convidado de luxo, o compositor José Alberto Pina Picazo que actuará como Presidente de Honra do Festival, convidado pola Banda Cultural de Salceda. Ademáis, a agrupación local, pechará a súa actuación cunha das obras do mestre, El Triángulo de las Bermudas (2009).

Outra das conmemoracións parte da dirección da propia Banda Cultural de Salceda. Ao igual que no XXV Aniversario, o Festival contará cunha peza propia, composta polo seu director Juan Lois Diéguez.

Para Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda: “A Banda Cultural de Salceda, foi, é e será para nós a principal liña estratéxica nas nosas políticas culturais. É un orgullo ter unha banda que nos representa polo País adiante e que leva 30 anos a organizar un festival que é xa un referente na programación de verán do noso Concello e polo que levan pasado máis de cincuenta agrupacións da península ibérica”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.