spot_img
InicioBaixo MiñoRoteiro da Pedra Santa e o río Lagartón

Roteiro da Pedra Santa e o río Lagartón

roteiro-da-pedra-santa-e-o-rio-lagartonUnha andaina de gran valor natural e cargada de lendas será a que se realice este sábado, 25 de maio, dentro das Rutas de Natureza que organiza o Concello de Tui.

Revista Cousas de nº21

Ás 10 h dende a ponte situada na Veiga do Louro partirá o Roteiro da Pedra Santa e o río Lagartón guiada por José Martínez Tato de AndaTui. O percorrido de 8 quilómetros, de dificultade baixa, irá dende a senda do Lagartón até a Pedra Santa, pasando por Guillarei, pola senda e o pontillón do Louro até chegar á Ponte das Febres onde terá lugar unha actuación de música tradicional galega, e se contará cuns petiscos doces xentileza do club Anda Tui. De regreso pasarase pola igrexa da Virxe do Camiño, onde Martínez Tato contará  a lenda deste lugar, e regresará ao punto de partida.

As persoas interesadas deben inscribirse gratuitamente  na Oficina de Turismo no Paseo da Corredoira, no teléfono 677 41 84 05 ou no correo turismo@tui.gal.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Por outra parte este domingo, 26 de maio, dentro do circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade  terá lugar o Trilho da Fortaleza, que sairá ás 10 h ES dende as Portas do Sol en Valença. Trátase dun percorrido de 5 quilómetros de marcado intereses histórico e cultural. Neste caso o prazo de inscrición pecha este xoves e pode realizarse a través da web andatui.es.

- Publicidade -spot_img