spot_img
InicioVigo e áreaVigoRoberto Huarcaya presenta no MARCO unha exposión que sorprenderá ao visitante coas...

Roberto Huarcaya presenta no MARCO unha exposión que sorprenderá ao visitante coas súas técnicas fotográficas experimentais

Programada ata o 29 de marzo do próximo ano, a mostra "Intersticios. Fotogramas 2014/2025" do artista peruano, Roberto Huarcaya, que se inaugurou, este martes no MARCO, está centrada no uso de fotogramas de gran formato, captura a esencia de diversas paisaxes e personaxes peruanos mediante o contacto directo de elementos naturais con papel fotosensible.Programada ata o 29 de marzo, a mostra “Intersticios. Fotogramas 2014/2025” do artista peruano Roberto Huarcaya, que se inaugurou este martes no MARCO, está centrada no uso de fotogramas de gran formato, captura a esencia de diversas paisaxes e personaxes peruanos mediante o contacto directo de elementos naturais con papel fotosensible.

O público sorprenderase, seguro, cunha exposición na que podemos ver obras de grandes dimensións como a seria “Amazogramas”, composta como un labirinto fotográfico, ao que podemos ver en toda a súa dimensión, desde unhas escaleiras, como achegarnos e recorrelo por dentro. Dentro dos espazos espositicvos que ofrece o MARCO, destaca a serie instalada no panóptico, tomadas a persoas e que pode contemplarse desde calquera ángulo.

Huarcaya recolle no seu papel fotosensible as pegadas físicas de elementos naturais e culturais, como poden ser follas, máscaras ou animais..

Considerado un artista esencial na exploración de técnicas fotográficas experimentais e na representación da relación entre o ser humano e a natureza, Roberto Huarcaya (Lima, 1959) desenvolveu unha práctica artística centrada no uso de fotogramas de gran formato, realizados sen cámara, que capturan a esencia de diversas paisaxes e personaxes peruanos mediante o contacto directo de elementos naturais co papel fotosensible. Esta aproximación permitiulle crear series emblemáticas como Amazogramas, Andegramas e Océanos, que foron expostas en importantes institucións e festivais internacionais, incluíndo a Bienal de Venecia, Paris Photo e Les Rencontres d’Arles.

“Pouco tardan os fotógrafos en romper barreiras técnicas e conceptuais, atrevéndose a experimentar e dar varias veces a volta aos canons establecidos. Roberto Huarcaya (Lima, 1959) é un exemplo claro de compromiso coa investigación (teórica e práctica) e a busca de desafíos. Cun ollo curioso, sagaz, mira primeiro a súa contorna, e detense nos tipos que a habitan, nas relacións que establecen. O seu arranque lévao a analizar o próximo, o máis próximo, buscando aflorar o oculto, o interior“. (Miguel Fernández-Cid, Comisario da exposición)

roberto-huarcaya-presenta-no-marco-unha-exposion-que-sorprendera-ao-visitante-coas-suas-tecnicas-fotograficas-experimentais

 

Se hai unha data clave na traxectoria de Huarcaya é 2014, o ano en que é invitado, xunto a un grupo heteroxéneo de artistas, a un encontro nunha reserva natural na selva amazónica. O propio artista cóntanolo:

Todo comezou coa invitación dunha organización medioambientalista, a Wildlife Conservation Society, para realizar unha viaxe e entrar en Bahuaja Sonene, unha reserva natural intangible na Amazonía peruana, situada no sueste do Perú. A experiencia foi extraordinaria: máis dunha semana mergullados no Tambopata Research Center (TRC), o lodge de Rainforest Expedition, na fronteira da reserva. Foi un proceso lento de comprensión dunha realidade distinta, un espazo natural que te envolvía visual, auditiva, olfativa, táctil e conceptualmente; un estado de conciencia diferente ao da cidade. Na Amazonía, a presenza bruta da selva estaba en todas partes, permeando todo independentemente do que un estivese facendo, e xeraba unha sorte de estado de conciencia compartido entre o noso imaxinario e un fluxo constante de estímulos diversos co que fun aprendendo a vincularme. O que eu quería era construír un conxunto de imaxes que puidesen conter a forza da experiencia dun lugar tan brutal e inconmensurable.”

A decisión que adoptou Huarcaya foi prescindir das sofisticadas cámaras que probara nas viaxes iniciais. Optou por retroceder aos usos de hai 175 anos e recuperar un dos procedementos inaugurais que lle permitía obter reproducións exactas dos obxectos.

“A primeira peza que decidín facer foi un fotograma dunha palmeira caída no leito do río, duns trinta metros de lonxitude. Fixámolo todo durante o día, planificando regresar pola noite para estender o papel fotográfico e, cun pequeno flash manual, expoñer a peza con un número de disparos previamente calculado. Tal como o planificara, ás dez da noite regresamos en lanchas ao lugar, que estaba a unha hora do lodge. Na escuridade absoluta, estendemos con moito coidado os trinta metros de papel fotosensible por baixo da árbore, sostido polos bambús, e dispuxémonos a expoñer a peza.”

Programada ata o 29 de marzo do próximo ano, a mostra "Intersticios. Fotogramas 2014/2025" do artista peruano, Roberto Huarcaya, que se inaugurou, este martes no MARCO, está centrada no uso de fotogramas de gran formato, captura a esencia de diversas paisaxes e personaxes peruanos mediante o contacto directo de elementos naturais con papel fotosensible.

 

“Tras o primeiro disparo, desatouse de súpeto unha tormenta tropical e a natureza sorprendeunos con catro resplandores no ceo. Foron catro raios que, desde distintas direccións, iluminaron toda a zona como se fose de día. Era a natureza quen iluminaba a peza, relegando o meu pequeno flash a unha fonte ridícula de enerxía. A tormenta era tan intensa que a area corría río abaixo e os trinta metros de papel quedaron cubertos rapidamente de sedimento e area. Tardamos case dúas horas en retiralo, removendo o papel para podelo enrolar novamente, metelo nun saco negro e voltar ao lodge, onde improvisáramos un laboratorio artesanal para revelar os trinta metros de papel exposto. Unha hora despois, xa no laboratorio, aproximadamente á unha da madrugada, comezamos a mesturar os químicos para o revelado e cando pedimos auga informáronnos de que a auga potable estaba calculada só para beber durante os días da estadía, e que a única auga dispoñible para o procesado era a do río que pasaba relativamente cerca. Como bos citadinos, non contaramos con iso, así que tivemos que coller a auga do río, marrón e densa polos minerais e sedimentos. A natureza insistía en formar parte da produción da peza.”

18 novembro 2025 – 29 marzo 2026
Salas frontais (1º andar) e panóptico (planta baixa)
Comisariado: Miguel Fernández-Cid

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.