·Publicidade ·spot_img
InicioPontevedra e áreaO SalnésRibadumia celebra o bicentenario da súa igrexa parroquial 

Ribadumia celebra o bicentenario da súa igrexa parroquial 

Ribadumia celebra o bicentenario da súa igrexa parroquial 
©Turismo Rías Baixas

Ribadumia inicia setembro con actuacións das bandas municipais e coa conmemoración do bicentenario da súa igrexa parroquial

O Concello de Ribadumia informa que este venres 3 de setembro, ás 21 horas, terá lugar un concerto da man da Agrupación Musico Cultural de Ribadumia que fará desfrutar da música a toda a familia. O concerto titulado “Solpor con Morricone” é un tributo ó célebre director de orquestra e compositor Ennio Morricone  e fará un repaso ás bandas sonoras máis emblemáticas deste artista.

A programación continúa o sábado 4 de setembro coa conmemoración do bicentenario da Igrexa de Santa Baia de Ribadumia. Esta parroquia está de celebración e, co obxecto de festexar esta data tan especial, realiza diversos actos que comezan ás 18 horas.  A cerimonia contará cos actos litúrxicos de misa de acción de grazas, co descubrimento da placa conmemorativa desta efeméride e con varias homenaxes de honra e agasallos para aquelas persoas que viñeron desempeñando un importante traballo social no desenvolvemento da actividade da igrexa ou do benestar da propia parroquia. Ademais, está previsto unha actuación musical e convídase a todos os veciños da parroquia que desexen achegarse, a festexar este día cunha degustación colectiva.

O 10 de setembro, ás 21 horas, a actividade cultural continúa da man da Banda de Música Municipal de Ribadumia, cun concerto destinado a crear corazóns contentos. Así é o título elixido para este concerto por esta banda, que mediante a súa música prometen facer desfrutar a todo o público dunha noite alegre e coa que se pecha a programación do verán.

A localización elixida para os concertos do 3 e do 10 de setembro é a Carballeira de Barrantes, por ser un espazo axeitado para facilitar a aplicación das medidas precisas segundo as recomendacións ante o COVID 19.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies