spot_img
InicioO SalnésCambadosRetiran máis de 10 toneladas de residuos dos fondos marisqueiros de Cambados...

Retiran máis de 10 toneladas de residuos dos fondos marisqueiros de Cambados e O Grove

Retiran máis de 10 toneladas de residuos dos fondos marisqueiros de Cambados e O GroveA Confraría do Grove e o voluntariado de ABANCA e Afundación retiran máis de 10 toneladas de residuos dos fondos marisqueiros de Cambados e O Grove.

Na actividade, que contou tamén coa colaboración do Concello de Cambados e do Concello do Grove, participaron máis de 300 persoas, mariscadoras da Confraría do Grove e persoas voluntarias de ABANCA e Afundación. Ambas as actuacións de limpeza leváronse a cabo de maneira simultánea en diferentes enclaves da ría de Arousa, tanto no Concello do Grove, onde se actuaba por primeira vez no marco deste proxecto impulsado por Afundación, como no de Cambados, onde hai dúas semanas realizábase a primeira das limpezas deste tipo, e onde se conseguiron retirar case unha tonelada e media de residuos.

Retiran máis de 10 toneladas de residuos dos fondos marisqueiros de Cambados e O Grove

Pneumáticos, unha cadeira de praia, unha estufa, un quentador, restos cerámicos, pequenos anacos de vidro, tapóns, botes, botellas, envoltorios e outros restos de obxectos plásticos, así como diversos útiles extraviados durante o exercicio da actividade pesqueira, como as nasas ou os acúmulos de redes enmarañadas, cabos e cabitos, foron principalmente os obxectos que se conseguiron retirar dos fondos. Así ata completar 3 toneladas de cerámica, unha tonelada e media de pneumáticos, 880 quilos de vidro e  330 de metais, entre outros, que sumaron nesta jornada máis de 10300 quilos, una vez rematados os habituais labores de clasificación e pesada coas que conclúen cada unha das actuacións de limpeza. Uns residuos que, unidos aos xa retirados en anteriores xornadas, superan xa as 18 toneladas.

Retiran máis de 10 toneladas de residuos dos fondos marisqueiros de Cambados e O Grove

Paralelamente a estas actuacións de limpeza, a Obra Social de ABANCA realiza a través de PLANCTON unha serie de actividades divulgativas e formativas complementarias que pretenden fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas que se desenvolven nas áreas de influencia das Zonas de Especial Protección de Aves Mariñas de Galicia (ZEPA) e outras da Rede Natura 2000, como a contorna no que actuaron hoxe as persoas voluntarias participantes, ou tal e como ocorreu en Cariño este mércores, onde tivo lugar unha xornada formativa dirixida ás mulleres do sector na que se abordaron diversos aspectos relacionados coa sustentabilidade económica en materia pesqueira e acuícola, e na que se contou coa colaboración tanto do Concello de Cariño como da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao.

- Publicidade -spot_img