spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela traballa con Patrimonio na creación dun paseo peonil e un miradoiro...

Redondela traballa con Patrimonio na creación dun paseo peonil e un miradoiro sobre o viaduto de Madrid

redondela-traballa-con-patrimonio-na-creacion-dun-paseo-peonil-e-un-miradoiro-sobre-o-viaduto-de-madridA alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura e Patrimonio, Rita Pérez, mantiveron esta semana unha xuntanza de traballo por vídeo conferencia co Director Xeral de Patrimonio do Estado, Juan Tejedor Carnero, e o subdirector do departamento, Bernardino Pérez Crespo. O goberno local continúa así coas súas xestións para facer peonil este viaduto, un ben de patrimonio histórico “pero tamén un elemento de identidade e símbolo de Redondela”, sinala Rivas.

Revista Cousas De Nº20

A petición do Concello de Redondela, a Dirección Xeral de Patrimonio realizou xa un estudo de peritaxe sobre o estado do viaduto, para garantir a súa seguridade no caso de dotalo dun uso peonil. Agora o goberno local xestionará co Ministerio de Cultura a posibilidade de facer na superficie un miradoiro “que ofrecería unhas vistas espectaculares sobre Redondela, con paisaxes sobre a vila pero tamén sobre o mar e a montaña” explica a concelleira Rita Pérez. O Concello de Redondela expuxo ante os responsables de Patrimonio que este novo paseo peonil sobre o viaduto “dotaría dun gran valor socio-cultural ao propio monumento e concienciaría á cidadanía sobre o seu valor histórico”. O goberno local engade ademais que sería “unha vía de acceso segura para os peregrinos que realizan o Camiño Portugués pola Costa” que chegan a Redondela desde Vigo na ruta cara Compostela. Deste xeito evitaríase que os peregrinos crucen a estrada N-552, que rexistra un elevado volume de tráfico.

O viaduto vello foi construído en 1876, e utilizouse durante case un século para o pas dos ferrocarrís entre Vigo e Ourense.  En 1971 a construción da nova variante entre a estación de Redondela e Os Valos fixo que se pechase definitivamente o viaduto. Leva máis de 50 anos en desuso, e a súa reconversión nun paseo peonil e un gran miradoiro devolveríalle o esplendor a esta icona da “Vila dos Viadutos”.

- Publicidade -spot_img