spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela, referente de calidade de vida na área metropolitana

Redondela, referente de calidade de vida na área metropolitana

as-primeiras-probas-do-kitefest-trofeo-xunta-de-galicia-confirman-a-cesantes-como-lugar-de-referencia-do-kite-nacionalA prensa dixital faise eco esta fin de semana de que Redondela é a mellor opción para vivir na contorna de Vigo, segundo a ferramenta de intelixencia artificial ChatGPT.

Revista Cousas de Nº23

Desde o Concello de Redondela, a alcaldesa Digna Rivas valora de xeito moi positivo que este municipio esta no número 1 dese podio “xa que é unha mostra máis da gran calidade de vida que temos”. A ferramenta de IA indica que Redondela “é ideal se valoras un estilo de vida equilibrado, con boa conexión a unha cidade máis grande, pero sen o bulicio de vivir nela”.

Redondela conta cunha situación estratéxica dentro da provincia, preto de Pontevedra e a un paso de Vigo, e está “ben conectada por tren e estrada” afirma IA. Este municipio é ponte entre o interior e a costa. Redondela ten un fermoso litoral con privilexiadas da ría de Vigo e tamén zonas de monte e sendeiros moi interesantes.

A praia de Arealonga (Redondela) acolle dúas xornadas de educación medio ambiental co alumnado do Colexio Alexandre Bóveda
Arealonga

O municipio ofrece todos os servizos, como colexios, institutos, centros de saúde e unha ampla oferta de comercio local. A alcaldesa destaca “a proximidade destes servizos, nun ambiente tranquilo onde podemos atopar todo o que precisamos para o día a día”.

O Festival Internacional de Títeres de redondela comeza a XXI edición con todas as entradas esgotadas

A alcaldesa engade que está en desacordo coa IA cando sinala que Redondela pode “non ser a opción perfecta se necesitas un gran abanico de ofertas culturais”, xa que se este municipio destaca por algo é precisamente “por ser un referente cultural a nivel galego”. Rivas pon o acento en certames como o Festival Internacional de Títeres, a Festa da Coca, a do Choco, ciclos de teatro, concertos e unha ampla programación ao longo de todo o ano que tamén se estende ás diferentes parroquias.

Redondela aposta pola celebración dunha Festa da Coca “distinta e participativa” ante as restricións pola COVID-19
Foto/ Concello de Redondela

A rexedora advirte ademais que “practicamente toda a programación é de balde”, e `pon en valor “o gran traballo de colectivos e asociacións que fan posible ter no municipio este gran tecido cultural”.

A web Idealista, especializada en vivenda, tamén puxo a Redondela este ano no top 5 dos mellores destinos das Rías Baixas “polas súas impresionantes vistas da Ría de Vigo”. Describe Redondela como “un lugar perfecto para aqueles que desexan conectar coa natureza” ademais de destacar a gastronomía local e festas como a do Choco.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.