spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela recupera o camiño de Porto Cedeira ata o centro da vila...

Redondela recupera o camiño de Porto Cedeira ata o centro da vila e pon en valor o patrimonio do seu litoral

redondela-recupera-o-camino-de-porto-cedeira-ata-o-centro-da-vila-e-pon-en-valor-o-patrimonio-do-seu-litoralO Concello de Redondela pon en valor o patrimonio natural, histórico e etnográfico do seu litoral coa rehabilitación dun sendeiro entre Porto Cedeira e o centro da vila cunha lonxitude de 2 quilómetros cun paseo arrentes da costa para coñecer a riqueza natural e histórica de Redondela

Revista Cousas De Nº19

Redondela conta nun novo paseo saudable dende Porto Cedeira até o centro da vila tras coller o camiño da Portela. Un paseo arrentes da costa para coñecer a riqueza natural e histórica de Redondela. Son en total 2.000 metros de percorrido, 500 deles entre a zona intermareal e a Portela e os 1.500 restantes desde a Portela ata a Alameda Castelao de Redondela.

Os traballos de acondicionamento consistiron no rozado do camiño e das marxes, a preparación do camiño en si e balizado, a limpeza de cuneta, instalación de paso de auga, pavimentación da senda e instalación de mobiliario. Por outra banda, para divulgar tanto os valores naturais e culturais, coma os elementos do patrimoino etnográfico e a microtoponimia da zona, incluíronse paneis informativos e interpretativos.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que “a situación anterior do camiño de Porto Cedeira facía difícil o seu tránsito, especialmente no tramo máis preto da costa, o que limitaba o seu desfrute por parte da veciñanza. Agora este trazado xa habilitado, que conta con importantes valores naturais e culturais, pode ser transitado sen dificultade”.

No sendeiro poden atoparse elementos etnográficos de interese como lavadoiros e sebes tradicionais. A súa situación, dentro da Rede Natura 2000 e a Enseada de San Simón fan deste roteiro un lugar de gran interese cun percorrido que se integra na paisaxe. Rivas sinala que este camiño “permite non só habilitar un novo espazo saudable e de lecer para a veciñanza, senón tamén concienciar á cidadanía sobre a importancia dos ecosistemas mariños da Enseada de San Simón”. Deste xeito tamén se fomentan as actividades de ocio ao aire libre e o turismo de natureza, para locais e visitantes, favorecendo a interacción das persoas coa natureza dun xeito respectuoso co medio.

Este novo sendeiro saudable dá continuidade aos traballos levados a cabo con anterioridade no Concello de Redondela destinados a habilitar tramos peonís no ámbito costeiro, (paseo da Portela, acondicionamento dos entornos naturais de Soutoxuste, da praia de Cesantes, e do ámbito do museo de Meirande en Rande), coa finalidade última de conectar todas as intervencións. O acondicionamento e sinalización do sendeiro Porto Cedeira-Centro foi
financiado pola Unión Europea cos fondos NextGeneration.

- Publicidade -spot_img