Como novidade este verán estréase a ruta “Redondela oculta: entre a lenda e a superstición” sobre antigas tradicións e personaxes como a bruxa Benita e Xan Carallás.
As concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente apostan unha vez máis polas actividades de ecoturismo, de educación ambiental e culturais. Logo do éxito das saídas organizadas en anos anteriores, este mes de xullo ofrecen unha ampla proposta de roteiros e actividades a pé, en bici ou en kaiak, a maioría delas de balde.
Como novidade este verán estréase a ruta “Redondela oculta: entre a lenda e a superstición” a cargo da guía turística Soledad Chayán. No percorrido dáse conta das supersiticións e tradicións arredor dos oficios, sobre todo dos mariñeiros, onde se destacan personaxes como a bruxa Benita, o mago Marcolfo ou Xan Carallás, mítico fundador da vila de Redondela. En xullo haberá dúas citas con esta ruta, os días 15 e 29.
Para a vindeira semana hai catro interesantes propostas: o martes unha visita guiada ao cemiterio dos Eidos, o xoves unha divertida sesión de “Orientaventura” en bicicleta en Chan das Pipas, e na fin de semana dúas rutas ambientais: o sábado día 12 un roteiro guiado a Monte Penide e o domingo día 12 a saída será á zona intermareal de Cesantes, desde o peirao ata a Punta.
Na segunda quincena do mes haberá outras interesantes propostas como unha ruta nocturna polo río Maceiras, un roteiro ambiental polo río Pexegueiro ou unha actividade de observación de estrelas na Miñoteira, en Ventosela.
A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, destacou a “transversalidade” destas



