spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela ofrece a exposición ‘EN DESTAQUE, MULLERES NA HISTORIA’

Redondela ofrece a exposición ‘EN DESTAQUE, MULLERES NA HISTORIA’

Redondela ofrece a exposición ‘EN DESTAQUE, MULLERES NA HISTORIA’ A exposición, que continuará aberta todo o mes de marzo, é unha nova colaboración coa Fundación Filomena Rivereo Alonso coa que xa teñen presentado outras exposicións.

Cousas de revista nº16

 

O Concello de Redondela colabora unha vez máis coa  Fundación Filomena Rivero Alonso.a través da exposición En desgaste, mulleres na historia. Telmo Crespo Tojeiro, membro do padroado da fundación, e Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, estiveron esta mañá no Multiusos da Xunqueira para visitar a mostra.

EN DESTAQUE, MULLERES NA HISTORIA é unha exposición que por medio de paneis ilustrados, ensina en primeira persoa o papel desempeñado por diferentes mulleres ao longo da historia recente como Rosa Parks, María Montessori, Kathrine Switzer ou Billie Jean King entre outras mulleres.

A entidade que preside Gracia Regojo Bacardí desenvolve ao longo de todo o ano actividades en centros educativos e bibliotecas en relación á igualdade e contra a discriminación, sen limitarse a unha determinada época do ano,  algo co que “este goberno comparte como filosofía e demostra con feitos”, conclúe Rivas.

- Publicidade -spot_img