spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela inclúe na programación estival unha vintena de concertos, o Festival de...

Redondela inclúe na programación estival unha vintena de concertos, o Festival de Artistas de Rúa e o Entroido de Verán

redondela-inclue-na-programacion-estival-unha-vintena-de-concertos-o-festival-de-artistas-de-rua-e-o-entroido-de-veranO XXV Festival de Artistas de Rúa será o 2 de agosto e o XXV Entroido de Verán o 24 de agosto

Revista Cousas de nº21

A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, e a alcaldesa Digna Rivas, presentaron a programación musical e artística para este verán.  Trátase dunha ampla e variada proposta “con protagonismo para os artistas locais, así como grupos e solistas de recoñecido prestixio”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. Os concertos celebraranse tamén en diferentes localizacións do municipio “para que a oferta cultural chegue ás distintas parroquias”.

A programación comeza o 12 de xullo en Chapela co concerto de Crónicas Pop na Alameda Rosalía de Castro ás 22.00 horas. O sábado 13 será o turno do artista redondelá Alberto Vilas, co seu traballo “Once cancións e unha danza” nun concerto no Carballo das Cen Pólas no que contará coa colaboración de Cristina Suárez. O domingo día 14 o protagonismo será para a música tradicional co concerto de Abeleiras na Praza da Casa da Torre.

Os amantes do blues teñen unha cita o venres 19 de xullo co Retroblues+Jay&The Smoking Machines na Praza da Torre ás 22.00. A cita o sábado 20 será en Chapela co XXVIII Festival de Bandas de Música na Alameda Rosalía de Castro.

Na véspera do Día de Galicia, o 24 de xullo, o campo da feira de Redondela acollerá os concertos de Airiños da Peneda e a Banda Artística de Arcade desde as 22.00 horas. O día grande, o 25 de xullo, o protagonismo será para a cantautora galega Sés cun concerto no paseo marítimo de Chapela ás 22.00 horas. O mes de xullo despedirase con música folk por partida dobre: o 27 de xullo co XII Festival Folk Illa de San Simón no paseo da praia de Cesantes desde as 20.00 horas, e os días 27 e 28 de xullo co Entro Folclórico de Reboreda no torreiro da parroquia.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O mes de agosto abrímolo o día 2 con moita animación polas rúas e prazas de Redondela co XXV Festival de Artistas de Rúa desde as 19.30 horas. O sábado día 3 o paseo marítimo de Chapela acolle o XI Berete Rock desde as 20.30 horas. En Chapela continuará a programación o día 9 con Airiños do Mar de Teis, que actuarán na Alameda Rosalía de Castro ás 22.00 horas. Outras propostas para o mes de agosto son o concerto de Only Cash o día 10 na praza da Torre, Supersonic o día 23 na Alameda de Chapela e a Rondalla de Redondela que pechará a programación de verán co seu tradicional concerto na praza da Torre. Outro dos pratos fortes do mes de agosto será o Entroido de Verán, que celebra a súa XXV edición o 24 de agosto.

A concelleira de Cultura confía en que “tanto a veciñanza como os visitantes disfruten destas actividades, unha programación con música de diferentes e pensada para todo tipo de públicos”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.