Inicio Vigo e área Redondela Redondela homenaxeará ás mulleres da illa de San Simón durante todo o...

Redondela homenaxeará ás mulleres da illa de San Simón durante todo o ano

Redondela homenaxeará ás mulleres da illa de San Simón durante todo o anoO Concello de Redondela presentou os actos que se desenvolverán como homenaxe ás mulleres da illa de San Simón, que durante a Guerra Civil e a posguerra construíron unha rede solidaria de axuda aos represaliados prisioneiros na illa redondelá.

A previsión é que os actos comecen en abril aínda que supeditada á evolución da pandemia e esténdanse durante o resto do ano con exposicións fotográficas itinerantes, de xeito que cheguen a todas as parroquias, elaboración de curtametraxes con entrevistas ás mulleres ou familiares para posteriormente elaborar unha ampla reportaxe e a inauguración, o 14 de abril, dunha escultura realizada pola escola de cantería da Deputación de Pontevedra e que sexa un recordatorio permanente a ese grupo de mulleres que axudaron ás persoas represaliadas.

A escultura será situada na zona do Alto da Concheira, preto de Rande, lugar coincidente cun dos ‘puntos negros? da represión franquista: máis de vinte persoas apareceron fusiladas neste lugar.

Buscando que os nenos e nenas tamén sexan partícipes desta homenaxe, para as idades escolares, o concello anunciou a celebración de diversas actividades e a compra de exemplares do libro A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto e editado por Xerais.

Tal e como sinalou o técnico de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez, o programa darase a coñecer a medida que a evolución da COVID-19 vaia permitindo a realización das actividades.

A alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, salientou a importancia desta homenaxe que é poñer en valor “o heroísmo desas mulleres de Redondela, Cesantes, Cedeira, Reboreda e Ventosela que, pese aos impedimentos dos tempos máis duros da ditadura franquista, foron quen de axudas aos centos de represaliados que agardaban un destino incerto na Illa de San Simón”.

“Recoñecemos nelas a calidade humana, a capacidade de axudar aos que máis o precisan, a forza solidaria que sempre amosaron os redondeláns e redondelás en tempos difíciles”, afirmou Digna Rivas. “É hora de que todas e todos, dende os maiores aos máis cativos e cativas, saiban do seu valor e sirvan de guía e exemplo para vindeiras xeracións”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies