spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela demanda a recuperación da Fundación Illa de San Simón

Redondela demanda a recuperación da Fundación Illa de San Simón

- A alcaldesa Digna Rivas reclama a participación do Concello de Redondela Fundación Museo do Mar de Galicia, que integra a xestión da illa de San Simón, e denuncia que a Xunta de Galicia non convidou ao consistorio redondelán a participar nin a colaborar neste organismo, o que considera “unha discriminación inxusta e inxustificable”. - Rivas demandou tamén a recuperación da Fundación Illa de San Simón, unha entidade “que debe facer seguimento do que sucede na illa, das súas necesidades cara ao futuro, e do programa de actividades, entre outras cuestións”. A fundación foi eliminada na época da crise económica, “pero hoxe ese argumento non é válido fronte ás evidentes necesidades da illa e da súa xestión”, sinala a alcaldesa redondelá. Redondela, 4 de outubro de 2024. Co gallo da xornada "A xestión dos lugares de memoria da represión franquista” celebradas hoxe en San Simón, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, puxo en valor o traballo feito desde o Concello redondelán “para manter e divulgar a memoria como un deber democrático”. Lembrou que durante a guerra a vila de Redondela viviu unha gran represión, co cárcere da illa de San Simón como un dos seus símbolos. Rivas repasou o traballo feito polo Concello desde 1986 pola recuperación da memoria histórica, “cando a illa era un lugar abandonado”, coa celebración de xornadas, actividades na illa, a recuperación de documentación, e máis recentemente co monumento aos fusilados no Alto da Concheira ou a declaración de 2021 como ano das Mulleres de San Simón. Ante o claro compromiso do goberno redondelán coa defensa da memoria, a alcaldesa fixo unha protesta pública ante a decisión da Xunta de Galicia de modificar no 2022 os estatutos da Fundación Museo do Mar de Galicia. O cambio supuxo que a xestión da illa de San Simón se integrou nesta entidade. O Concello de Redondela “non foi convidado nin a participar nin a colaborar nin a integrarse. Solicitamos por escrito varias veces a nosa inclusión no Padroado. Non tivemos resposta. Para nós é unha discriminación inxusta e inxustificable. Seguiremos reclamando o noso dereito a formar parte desta entidade e ter voz e voto nas súas decisións”, declarou a alcaldesa. Rivas demandou tamén a recuperación da Fundación Illa de San Simón, unha entidade “que debe facer seguimento do que sucede na illa, das súas necesidades cara ao futuro, do programa de actividades, dunha correcta sinalización e contextualización máis aló da exposición recollida na illa de Santo Antón”. A fundación foi eliminada na época da crise económica, “pero hoxe ese argumento non é válido fronte ás evidentes necesidades da illa e da súa xestión”, sinala a alcaldesa redondelá. O Concello de Redondela propón abrir o debate para a recuperación desa Fundación, “darlle de novo vida e facela partícipe tanto de institucións como de asociacións e dos expertos académicos. Cremos que isto é algo posible e necesario”. Rivas aclarou que o Concello de Redondela “non está de acordo con converter a illa nun parque de atraccións nin en promover o lucro de empresas que explotan a nivel turístico o seu valor”. O Concello impulsa visitas á illa a cargo das arcas municipais, “pero pensamos que isto debe ser unha coxestión con outras entidades como a Xunta ou a Deputación para establecer un formato público para facilitar o acceso e as visitas”. A alcaldesa Digna Rivas reclama a participación do Concello de Redondela Fundación Museo do Mar de Galicia, que integra a xestión da illa de San Simón, e denuncia que a Xunta de Galicia non convidou ao consistorio redondelán a participar nin a colaborar neste organismo, o que considera “unha discriminación inxusta e inxustificable”.

Revista Cousas de Nº23

Co gallo da xornada “A xestión dos lugares de memoria da represión franquista” celebradas en San Simón, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, puxo en valor o traballo feito desde o Concello redondelán  “para manter e divulgar a memoria como un deber democrático”. Lembrou que durante a guerra a vila de Redondela viviu unha gran represión, co cárcere da illa de San Simón como un dos seus símbolos. Rivas repasou o traballo feito polo Concello desde 1986 pola recuperación da memoria histórica, “cando a illa era un lugar abandonado”, coa celebración de xornadas, actividades na illa, a recuperación de documentación, e máis recentemente co monumento aos fusilados no Alto da Concheira ou a declaración de 2021 como ano das Mulleres de San Simón. Ante o claro compromiso do goberno redondelán coa defensa da memoria, a alcaldesa fixo unha protesta pública ante a decisión da Xunta de Galicia de modificar no 2022 os estatutos da Fundación Museo do Mar de Galicia. O cambio supuxo que a xestión da illa de San Simón se integrou nesta entidade. O Concello de Redondela “non foi convidado nin a participar nin a colaborar nin a integrarse. Solicitamos por escrito varias veces a nosa inclusión no Padroado. Non tivemos resposta.  Para nós é unha discriminación inxusta e inxustificable. Seguiremos reclamando o noso dereito a formar parte desta entidade e ter voz e voto nas súas decisións”, declarou a alcaldesa.

A unión da desembocadura do río Verdugo e as mareas, atopamos un chairo mariño rico en mariscos bivalvos e numerosas aves de invernada en plena ría de Vigo. A enseada alberga o arquipélago de San Simón formado por 4 illas: San Bartolomé, San Antonio, San Simón e San Norberto. Unha das máis relevantes é a illa de San Simón, pertencente á Rede Natura 2000. Esta illa estivo ocupada polos templarios nos séculos XII e XIII ata que a excomunión e disolución desta orde deixa a illa en mans da Coroa de Aragón que a doa ao Bispado de Tui no ano 1370 en agradecemento á súa fidelidade. Nos anos posteriores combinarase a ocupación relixiosa da illa con períodos de abandono, asaltos e saqueos por parte dos piratas británicos comandados por Sir Francis Drake. En 1702 chega un episodio histórico, a coñecida como batalla de Rande, que enfrontou ás tropas anglo-holandesas cunha coalición franco-española, na que resultaron vencedoras as primeiras. Despois da batalla saquearon toda a costa e incendiaron o antigo mosteiro de San Simón, que tras unha reconstrución volveu ser destruído e finalmente abandonado no ano 1719, tras outro ataque inglés. Despois de case un século de abandono, e debido ás epidemias de cólera, decídese instalar en San Simón o que sería coñecido como Lazareto de San Simón polo que tiñan que pasar os navegantes procedentes doutros países europeos. O lazareto inaugurouse en 1841 e foi clausurado en 1927, coa chegada da Guerra Civil convértese en cárcere. A partir de 1948 convértese en residencia de verán para os membros da Garda de Franco, pero en 1950 un accidente marítimo acabou coa morte por ahogamiento de corenta e tres membros da Garda de Franco, tras afundirse a súa embarcación "Monchita". Isto precipitou o peche da illa, que tan só volvería ser utilizada entre 1955 e 1963 como fogar Méndez Núñez para a Formación de Orfos de Mariñeiros. Actualmente, e despois dunha profunda remodelación o complexo parece estar destinado a converterse nun centro de recuperación da Memoria Histórica, con varios edificios restaurados, centro de documentación e biblioteca. Na actualidade as illas están abertas ao público, aínda que hai que pedir autorización para poder visitalas. e no mes de xullo celébrase un dos festivais de música máis exclusivos que podemos atopar na provincia de Pontevedra. Julio Verne O poder de inspiración artística e criadora deste arquipélago foi unha constante na súa historia, porque en San Simón caben infinitas novelas. Lendas de corsarios, de monxes templarios, de batallas, de tesouros ocultos e de viaxeiros chegados de afastadas terras, alimentadas polos múltiples avatares dos que este arquipélago foi testemuña ao longo da historia. En San Simón quixo Julio Verne que recalara o capitán Nemo nas súas Vinte mil leguas de viaxe submarina, marabillado pola lenda dos tesouros dos galeóns afundidos na batalla de Rande. Unha pasaxe que evocaría Carlos Núñez, un referente na música galega, que fala de San Simón e do Nautilus no disco Maio Longo, recollendo a testemuña dos trobadores medievais que, como Meendinho, dedicaron as súas cantigas a San Simón e á ría de Vigo. Grazas ás narracións do escritor Joaquín Dicenta coñecemos tamén a vida cotiá no lazareto durante un dos períodos decisivos na historia da illa, e foron incontables os novelistas, poetas, escultores ou músicos de todos os tempos que nela atoparon a forza evocadora para as súas composicións. A Batalla de Rande Quizais fosen as súas óptimas condicións naturais ou a súa proximidade á cidade de Vigo os factores que motivaron que a illa fose testemuña de numerosos acontecementos violentos provocados por conflitos territoriais e incursións armadas. Un dos episodios máis coñecidos e a batalla de Rande, na que o arquipélago viuse inmerso o 23 de outubro do ano 1702, cando unha flota armada anglo-holandesa atacou as naves españolas e francesas na enseada de San Simón, en plena Guerra da Sucesión. Os galeóns españois cargados co maior envío que se coñecía de tesouros procedentes de América, entraron en Vigo o día 22 de setembro de 1702. Refuxiáronse no fondo da ría, pero os anglo-holandeses descubriron o agocho do prezado cargamento. Os españois estaban preparados para a incursión, protexidos pola escuadra francesa, con canóns en terra e cadeas cruzadas na ensenada para impedir a entrada dos buques inimigos. Finalmente, o 23 de outubro comezou a batalla. Os anglo-holandeses conseguiron conquistar as defensas de terra cun ataque anfibio logrando unha vitoria que se repetiría no mar tras menos de dez horas dun combate, que deixou os navíos franceses en chamas e abriu unha vía libre para chegar aos cobizados galeóns españois cargados de tesouros. Os españois afundiron os seus barcos e hai historiadores que afirman que foron tragados polo mar con parte da súa prezada carga a bordo. Os atacantes vitoriosos non puideron evitar, á súa partida, que encallase o único galeón apreixado, que finalmente afundiría na saída da ría de Vigo, alimentando dese modo a lenda. Antes de abandonar a enseada os ingleses saquearon a illa de San Simón e, segundo relata Frei Jacobo de Castro, acoitelaron as imaxes dos santos e queimaron a igrexa. Tan célebre foi a batalla de Rande que Vigo gañou unha rúa en Londres para lembrar a vitoria británica na súa ría. Ademais, esta contenda é quizais a maior fonte de lendas relacionadas coa enseada e a illa de San Simón. O mito do tesouro segue vivo e non só reparou nel Jules Verne. Ao longo da historia sucedéronse as expedicións para buscar o ouro dos vellos galeóns que repousan no fondo da ría.

 

Rivas demandou tamén a recuperación da Fundación Illa de San Simón, unha entidade “que debe facer seguimento do que sucede na illa, das súas necesidades cara ao futuro, do programa de actividades, dunha correcta sinalización e contextualización máis aló da exposición recollida na illa de Santo Antón”. A fundación foi eliminada na época da crise económica, “pero hoxe ese argumento non é válido fronte ás evidentes necesidades da illa e da súa xestión”, sinala a alcaldesa redondelá. O Concello de Redondela propón abrir o debate para a recuperación desa Fundación, “darlle de novo vida e facela partícipe tanto de institucións como de asociacións e dos expertos académicos. Cremos que isto é algo posible e necesario”.

Rivas aclarou que o Concello de Redondela “non está de acordo con converter a illa nun parque de atraccións nin en promover o lucro de empresas que explotan a nivel turístico o seu valor”. O Concello impulsa visitas á illa a cargo das arcas municipais, “pero pensamos que isto debe ser unha coxestión con outras entidades como a Xunta ou a Deputación para establecer un formato público para facilitar o acceso e as visitas”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.