spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela acolle todas as embarcacións da Liga Galega de Traiñeiras nunha xornada...

Redondela acolle todas as embarcacións da Liga Galega de Traiñeiras nunha xornada na que se xogan 3 bandeiras

Redondela acolle todas as embarcacións da Liga Galega de Traiñeiras nunha xornada na que se xogan 3 bandeiras
Redondela-2022-Liga-Galega-de-Traineiras-

O Concello de Redondela é o único municipio de Galicia que compite en tódalas categorías da Liga Galega de Traiñeiras e o único que compite con 5 embarcacións en total.

Revista COUSAS DE Nº18

O sábado 8 de xullo Redondela celebra unha xornada dedicada ao remo na que todas as embarcacións da Liga Galega de Traiñeiras competirán no Peirao de Chapela a partir das 17:00h da tarde. Este ano a novidade é precisamente xuntar nun mesmo día as regatas da Liga A, Liga F e Liga B que competirán pola súa bandeira correspondente.

“É un privilexio contar con todos os clubs de Galicia no Peirao de Chapela para competir nunha regata na que o Concello de Redondela pon todo o seu empeño no seu bo funcionamento. Este ano poderemos ver a todas as embarcacións galegas xuntas en augas de Chapela, unha situación especial que promete ser todo un espectáculo”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

O Concello de Redondela conta na Liga A coa embarcación masculina de Chapela loitando na quenda de honra contra Ares, Bueu e Tirán. O CR de Chapela-WofCo está empatado a 40 puntos con Tirán, polo que esta regata promete ser emocionante. Ademais destas embarcacións poderemos atopar tamén a do CM Catropol, CR Cabo da Cruz, CR Rianxo, CR Narón, CR Mecos, CCD Cesantes-Rodavigo, CR Puebla e SD Samertolameu competindo pola XXXVIII Bandeira Concello de Redondela. Por outra banda, na Liga B participan Mugardos, Muros-Esteirana, CR Chapela WofCo, Amegrove CR, CRN Riveira e CR Salgado- Perillo que competirán pola gran estrea deste ano que é a I Bandeira Chapela Wofco.

Na Liga F atópase a embarcación feminina do CR Chapela-Wofco coroada no primeiro posto, pero non é a única embarcación feminina de Redondela. Este ano participa por primeira vez a recén estresada embarcación feminina do CCD Cesantes. Estas dúas equipas de Redondela compeitrán contra Murgados, Rianxo, CR Puebla, CR Salgado-Perillo e CM Castropol pola VIII Bandeira Feminina Concello de Redondela.

O Concelleiro de Deportes, Iván Valles, considera “todo un orgullo contar con 2 embarcacións femininas na Liga Galega de Traiñeiras” e sobre todo “contar con 5 embarcacións representando ao noso municipio en tódalas categorías” ao que engade que “sería emocionante e faríame moita ilusión que polo menos unha das bandeiras quedara en Redondela”.

- Publicidade -spot_img