spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela acolle o maior encontro de Esgrima Antiga de Galicia e Portugal

Redondela acolle o maior encontro de Esgrima Antiga de Galicia e Portugal

Redondela-esgrima-portugal-EspañaO  pavillón municipal de Porto Cabeiro acolle esta fin de semana un encontro con clubs de esgrima antiga de diferentes puntos de Galicia e Portugal. É a terceira ocasión na que se organiza este encontro internacional, logo de que as dúas primeiras edicións se celebrasen en Santiago e Lisboa. A cita en Redondela está organizada pola Sala Viguesa de Esgrima Antiga con actividades durante os días 5 e 6 de abril. Trátase do evento con máis participación dos que se teñen celebrado ata o de agora en Galicia. A esta cita asistirán máis de 100 participantes, ademais de mestres e monitores tanto de Galicia como de Portugal que impartirán clases en diferentes modalidades.

A entrada para o público é gratuíta, e os afeccionados poderán gozar de espectaculares exhibicións. A organización recomenda ao público achegarse o sábado a partir das 16.00 horas, que será cando se celebren os combates máis espectaculares, e tamén enfrontamentos simultáneos con máis de 60 esgrimistas en formación armados coas súas espadas e escudos.

A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, participaron este mediodía na presentación do evento con Damián Trocoso, director da Sala Viguesa de Esgrima Antiga.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.