spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela acolle a presentación do Libro “Cóntamo outra vez, Rick” de J.A....

Redondela acolle a presentación do Libro “Cóntamo outra vez, Rick” de J.A. Xesteira

Redondela acolle a presentación do Libro “Cóntamo outra vez, Rick” de J.A. XesteiraO vindeiro venres 23, día internacional do Libro, presentarase no Auditorio do Multiusos da Xunqueira de Redondela, a nova creación literaria de J.A. Xesteira, escritor e periodista da vila de Redondela.

“Cóntamo outra vez, Rick” da Editorial Galaxia, recolle nas súas páxinas relatos curtos, aparentemente inconexos, pero unidos grazas a un fío argumental que os cose cun estilo moi persoal, claro, musical e cinematográfico propios do autor. O seu título, non en van, remite á escena cinematográfica do filme “Casablanca” adiantando o tema principal dun dos relatos deste libro.

J.A. Xesteira, creativo apuntado no Rexistro de artistas de Redondela, conta nas súas teclas cunha producción libreira de 5 exemplares e unha traxectoria periodística de máis de 30 anos.

No acto de presentación reuniranse ó redor do libro o autor, Dona Lola Míguez (filóloga redondelá, mestra de galego e membro de SEREN, Seminario de estudos redondeláns) e Don Carlos Lema, Director de edicións de Galaxia.

Debido ás medidas de prevención da COVID-19 o aforo será reducido e as persoas que queiran asistir deberán reservar praza no propio Multiusos da Xunqueira. Será obrigatorio o uso de mascarillas e a desfinección previa das mans antes da entrada no Auditorio.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.