spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela acolle a estrea do Circo de Pinocho

Redondela acolle a estrea do Circo de Pinocho

redondela-acolle-o-estreno-do-circo-de-pinochoEducateatro Producións sae dos teatros para estrear o seu novo espectáculo en carpa, Circo de Pinocho. O proxecto de maior envergadura dos creadores de Os tres porquiños, Carapuchiña Vermella e O mundo máxico de Pinocho, representarase por primeira vez o venres 4 de outubro, na carpa Educateatro instalada no Aparcadoiro da Marisma de Redondela, e ofrecerá funcións ata o día 13.

Revista Cousas De Nº22

A montaxe, creada unicamente para representarse en carpa, combina o teatro musical cunha escolma dos números máis tradicionais do circo, empregando como fío conductor a Pinocho, un dos personaxes máis coñecidos da literatura universal.

Durante as dúas horas de función, descanso incluído, o público acompañará ao protagonista a cumplir o seu soño de montar un circo. Para iso, Gepetto construirá aos bonecos que, coa maxia da Fada Mimadriña, volveranse de carne e óso para ofrecer números de corda frouxa, malabares, suspensión capilar, acrobacias, trapecio… aderezadas por unha banda sonora orixinal composta por 20 cancións.

Co que non contaba ninguén, é que ese feitizo fará que Pinocho se transforme de novo nun boneco de madeira. Durante o espectáculo, Pinocho e Pepiño Grilo terán que atopar á Fada para reverter o conxuro, pero non aparece por ningures. Raptouna a malvada Chinche Chinchón, que está reclutando artistas para o circo da competencia. Poderán os artistas liberala para que Pinocho volva ser un neno de verdade?

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O equipo creativo, así como o elenco do Circo de Pinocho, componse maioritariamente por artistas galegos, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través das axudas á creación escénica; o Concello de Redondela e a Comunidade de Montes de Amoedo (Pazos de Borbén) para a xira que levará o espectáculo a localidades de toda Galicia.

Carpa para 450 persoas

O espectáculo realizarase nunha carpa de circo con aforo para 450 persoas, comodamente sentadas en butacas individuais e con calefacción. Ademais, o ambigú conta con servizo de cafetería, photocall e instalacións adaptadas para cadeiras de rodas. Na representación circense non participan animais.

Horarios e venda de entradas

As funcións arrancarán coa estrea o venres 4 de outubro, e ofreceranse un total de dez representacións os días 5, 6, 11, 12 e 13. Os venres realizarase unha única función ás 18:30h, os sábados ás 17:00h e ás 19:00h e os domingos, ás 12:00h e ás 17:00h

Os prezos xerais oscilan entre os 15€ na grada e palcos laterais e os 20€ no palco central. Os venres, día da persoa espectadora, as localidades terán un prezo único de 10€ , e os domingos ás 12:00h, un desconto xeral de 3€ en cada boleto.

As entradas xa se poden adquirir na web www.circodepinocho.gal e, de non esgotarse previamente, tamén na billeteira física no hall do circo, unha hora antes de cada función.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.