spot_img
InicioCondado ParadantaRécord de inscricións na quinta edición da Sestelo Clásica Álvaro Pino

Récord de inscricións na quinta edición da Sestelo Clásica Álvaro Pino

record-de-inscricions-na-quinta-edicion-da-sestelo-clasica-alvaro-pinoA Sestelo Clásica Álvaro Pino alcanza un novo fito na súa quinta edición: as 500 inscricións dispoñibles esgotáronse por completo, batendo o récord de participación desde a creación da marcha. Este éxito consolida ao evento como unha das citas imprescindibles para os afeccionados ao cicloturismo en Galicia e no noroeste peninsular.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

A marcha celebrarase este domingo 25 de maio nas comarcas do Condado Paradanta, con saída e chegada en Ponteareas, e volverá reunir a grandes nomes do ciclismo como Álvaro Pino, Chechu Rubiera, Lale Cubino e Isidro Araújo, homenaxeado desta edición, quen acompañará aos participantes ao longo do percorrido.

Novidades da quinta edición

Esta edición incorpora importantes novidades:

  • Dous percorridos renovados: un curto de 75 km cun porto de montaña, e un longo de 129 km con ata catro portos. Ambos incluirán un tramo cronometrado común: A Franqueira desde A Hermida.
  • Nova camisola exclusiva, da marca Gobik, inspirado no equipo profesional Colchóns CR, onde Álvaro Pino comezou a súa carreira. O deseño moderno en vermello e azul mellora ademais en calidade respecto a edicións anteriores.
  • Tres avituallamentos, dous deles completamente novos: nas adegas Eidosela (Arbo), na Cañiza, e nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario, con propostas pensadas para gozar da contorna e recuperar forzas.

Feira do Corredor

O sábado 24 de maio, véspera da marcha, celebrarase a xa tradicional Feira do Corredor na Praza de Bugallal de Ponteareas. Haberá unha xincana infantil organizada polo Club Ciclista Ponteareas e unha charla aberta cos ciclistas invitados.

Este 2025, a Sestelo Clásica Álvaro Pino non só bate récords, senón que reforza o seu papel como unha cita deportiva de referencia, co firme respaldo de institucións públicas e patrocinadores, e a paixón de centos de ciclistas que volveron a responder con entusiasmo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.