spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorRecital poético dedicado á figura de Federico García Lorca en Soutomaior

Recital poético dedicado á figura de Federico García Lorca en Soutomaior

García LorcaPoesía e música danse a man na actuación que o grupo ‘Amizade’ ofrecerá este xoves na Biblioteca Municipal de Soutomaior.

A partir das 19:00 horas, os membros deste grupo pontevedrés renderán homenaxe a uns dos mellores poetas das letras españolas de todos os tempos, Federico García Lorca, a través da súa obra ‘Romancero Xitano’. O recital terá unha duración de 45 minutos aproximadamente e o acceso é totalmente gratuíto.

Un ano máis, o grupo Amizade regresa a Soutomaior co seu recital poético-musical. ‘Romancero Xitano’ é unha representación baseada na mesma obra de García Lorca coa que pretenden render homenaxe ao poeta no 80 aniversario do seu falecemento. O repertorio consta de varias pezas con diferentes interpretacións musicais que acompañarán a poemas tan reconocibles como ‘Romance da lúa, lúa’, ‘Romance sonámbulo‘ ou ‘Feira de abril en Xerez’.

comillasO festival homenaxea ao poeta no 80 aniversario da súa morte a través da súa obra ‘Romancero Xitano’ 

Esta é a novena edición do Recital Poético de Soutomaior, que desde o ano 2005 vén recollendo clásicos da literatura e a poesía universal. Desde a primeira edición, dedicada ás Lecturas do Quixote, ata a actual, autores como Uxio Novoneyra ou os integrantes da xeración do 27, protagonizaron unha cita que ano tras ano amplía as súas fronteiras e atrae maior cantidade de público.

O grupo ‘Amizade‘ colabora desinteresadamente coa Biblioteca Municipal de Soutomaior desde o ano 2006, cando deleitaron aos asistentes ao seu espectáculo ‘Lecturas do Quixote’. Desde entón volveron cada ano con actuacións centradas en ‘A xeración do 27′, o ‘Amor e desamor‘ ou con recordos e homenaxes especiais como o realizado a Jorge Llopis chamado ‘Cantazo á primavera‘ ou o do ano 2010, con motivo do Día da Letras Galegas, en honra e con título a ‘Uxío Novoneyra’. O grupo ofrecerá esta actuación no Casino de Pontevedra durante o mes de abril.

Unha aposta pola figura do xograr
O Grupo Poético Musical AMIZADE de Pontevedra inicia a súa andaina no ano 1998 baixo o nome de ‘Brétema‘, levando os seus recitais por toda a provincia, ata que no 2003 experimenta unha importante remodelación. Diminúe o número de compoñentes e especialízanse en temática lírica de toda índole. A partir de aí, cambia o seu nome polo de ‘Amizade’.

Aínda que a maioría dos seus membros son escritores, os seus recitais van encamiñados case sempre a glosar as figuras relevantes da Literatura Universal, pasando de poetas a rapsodas nun intento de non deixar que os grandes autores caian no esquecemento. O seu obxectivo é que os vellos libros de outrora non perdan xamais a súa frescura porque para eles a Poesía e os xograres que os interpretan, son intemporales.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.