O concelleiro Xesús Vázquez Abad asistiu á reapertura do auditorio de Gondomar tras as obras de mellora das instalacións, nas que o seu departamento investiu 170.000 euros
O acto contou coa asistencia do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, o alcalde de Gondomar Fernando Guitiánr, o secretario xeral Anxo Lorenzo, os alcaldes de Baiona e Nigrán, e membros do tres corporacións municipais.
As intervencións, que se fixeron en colaboración co concello de Gondomar, tiveron como obxectivo a reordenación do acceso exterior ao conservatorio para facilitar un mellor servizo aos usuarios, onde ademais se definiu unha zona para carga e descarga. Así mesmo, acondicionouse o vestiario e os camerinos para os artistas, ao tempo que se ampliou o escenario do auditorio e a platea. A maiores realizouse un novo vestíbulo de acceso, que se uniu ao principal.
O obxectivo destas novas instalacións é favorecer o acceso da veciñanza de Gondomar ás manifestacións artísticas que o concello ofrece dentro da súa política cultural, e promover a súa participación nas mesmas.
En primeiro lugar, percorreron as instalacións podendo comprobar as obras de mellora y xa no interior, Fernando Guitián aproveitou a súa intervención para realizar un breve paseo pola historia do edificio que fué inaugurado en 1999, destacando a todos aqueles que dunha ou outra maneira interviñeron na súa construción.
Como colofón do acto descubriuse unha placa conmemorativa e os asistentes puidemos gozar de varias pezas musicais, interpretadas pola Agrupación Musical de Vincios e que foron moi aplaudidas polos asistentes.