spot_img
InicioAs COUSAS DE CastelaoRamón Villares inaugura en Redondela o Ano Castelao

Ramón Villares inaugura en Redondela o Ano Castelao

ramon-villares-inaugura-en-redondela-o-ano-castelaoO Concello de Redondela abriu onte as actividades para conmemorar o Ano Castelao cunha charla do catedrático de Historia Ramón Villares na que participou a alcaldesa, Digna Rivas, e o técnico de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez. Villares puxo de relevo “a entrega total” de Castelao por representar a Galicia e por crear o Consello de Galiza no exilio, do que foi o primeiro presidente. O catedrático afirma que “grazas a este traballo Galicia conta co mesmo recoñecemento que Cataluña e o País Vasco na Constitución do 78”.

Revista Cousas de Nº24

Rivas agradeceu a participación de Villares neste acto, e lembrou que Redondela ten “unha especial relación coa figura de Castelao”. O insigne galeguista dá nome á Alameda da Vila, cuxa escultura “foi a primeira de corpo enteiro dedicada a Castelao en todo o mundo”. A alcaldesa puxo de manifesto que Castelao representa “un símbolo do traballo e da loita para conseguir o autogoberno de Galicia”.

Actos Ano Castelao

A seguinte actividade será o venres 21 de febreiro, sobre a traxectoria de Castelao nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista. Será outra conferencia-entrevista a cargo de Emilio Xosé Ínsua, especialista na temática. O 23 de marzo representarse unha peza de teatro infantil titulada “Castelao”, de Culturactiva Producións, no Multiúsos da Xunqueira. En abril, o día 3, celebrarase a conferencia de Diana Vilas sobre “O álbum dos nenos de Castelao”. Nesta charla a escritora e investigadora fará unha aproximación á representación que fai Castelao da infancia. O 30 de maio temos a conferencia de Iria Friné sobre “A cartelaría do Estatuto do 36. Castelao”.

No mes de xuño, o día 4, o Concello colaborará co CEIP Alexandre Bóveda (Angorén-Chapela), na celebración do aniversario de Alexandre Bóveda, coa participación das fundacións Castelao e Bóveda. Tamén se celebrará un acto de homenaxe ao redor das orixes da escultura de Castelao que preside a alameda. A estatua erixiuse en Redondela en 1987 por subscrición popular.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.