spot_img
InicioGaliciaPrograma de emprendemento e talento para mozos e mozas Xuventude Promete

Programa de emprendemento e talento para mozos e mozas Xuventude Promete

Programa-emprendemento-talento-mozos-mozas-Xuventude-PrometeA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha Xuventude Promete, programa que promove e estimula o emprendemento e o autoemprego nos mozos e mozas de 14 a 18 anos. Este xeito de pensar e actuar orientado cara á creación de
riqueza terá lugar dentro dun marco de actividades que lle permitirá á persoa participante expandir a súa creatividade e innovación.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado crea, a partir deste proxecto piloto, un programa de estadías emprendedoras (living lab) no que a persoa, a través de escenarios reais e cunha innovación aberta e creativa, atopa nese escenario vías de
creación, validación e perfeccionamento para axudarlle a aplicar no seu futuro.

Obxecto e finalidade da convocatoria:
O obxectivo principal é crear unha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal. Deste xeito, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado apoia o sistema educativo e axúdalle á
mocidade participante a descubrir a súa vocación e talento dende a educación non formal activa.

Esta experiencia permitiralle á persoa coñecer novas fórmulas que fornezan a súa iniciativa, sentido crítico e autonomía; amais de fomentar as ideas innovadoras a través da creatividade e lograr un coñecemento e sentido autocrítico que a prepare para a súa función no mundo laboral.

En resumo, a finalidade desta convocatoria é promover e estimular o espírito emprendedor xa dende o inicio da adolescencia, a través de novos métodos educativos de autoestima baseados en “aprender facendo”. Metodoloxía: Os contidos propostos implican un troco na metodoloxía en beneficio dun novo método de “aprender facendo”, coa finalidade de que a participación no programa
sexa unha canle que lles permita ás rapazas e aos rapaces descubrir as súas paixóns, os seus ideais, para que interactúen entre todas e todos e poidan desenvolver traballos de vida.

É moi importante que experimenten, pero que tamén teñan ferramentas para poder levar a cabo os seus proxectos e que o fagan dun xeito metodolóxico novo e activo, creando así no programa un espazo cristalizador de vocacións ou, cando menos,
direccións cara a un proxecto.

O programa ten como principios básicos a posta en valor da iniciativa, a creatividade, o sentido crítico, a innovación, a autonomía, a capacidade de reacción ante un fracaso, a adaptación ao cambio, a capacidade de comunicación, o traballo en equipo e a solidariedade, así como a sensibilidade ante os problemas dos demais e o esforzo.

Destinatarios/as:
Xuventude Promete vai dirixido a mozas e mozos galegos de entre 14 e 18 anos de idade. Existen dúas modalidades de participación:
– Individual: dirixida á persoa comprendida dentro dos extremos das idades deste programa.
– Centros escolares: dirixida ao alumnado de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ciclo de grao medio, que curse os seus estudos nos centros de ensino galegos, co mesmo límite de idades e ata un máximo de 8 prazas por centro.

O prazo de inscrición estará aberto do 15 de xaneiro ao 9 de febreiro.

Descrición do programa http://xuventude.xunta.es/…/Programa_completo_Xuventude_Pro…
Folleto http://xuventude.xunta.es/…/folleto_WEB_Xuventude_Promete.p…

Xuventude Promete 2015, modalidade I: Individual :http://xuventude.xunta.es/…/xuventude-promete-2015-modalida…
Xuventude Promete 2015, modalidade II: Aberta a centroshttp://xuventude.xunta.es/…/xuventude-promete-2015-modalida…

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.