Entre as novidades deste ano atópanse o parque infantil composto polo castelo medieval e o barco pirata que fará a delicias de todos os nenos e nenas. O Mega-Xadrez xigante que será dinamizado polo club de Xadrez Xabai de Baiona con talleres e estratexias de xogo para quen queira penetrarse no apaixonante mundo do xadrez. Outra das novidades deste ano, é a proxección dun videomapping co título “Baiona unha viaxe no tempo”, sobre a fachada de la Iglesia Santa María de Baiona, que se poderá gozar durante os tres días da Festa. Así mesmo, non faltarán numerosos pasacalles de animación e os tradicionais espectáculos na praia Ribeira onde a cetrería terá novamente un lugar destacado na programación tras recuperala na edición pasada.








