spot_img
InicioGaliciaPrimeira viaxe do Tren Turístico da ruta polos pazos e xardíns históricos...

Primeira viaxe do Tren Turístico da ruta polos pazos e xardíns históricos de Galicia

primeira-viaxe-do-tren-turistico-da-ruta-polos-pazos-e-xardins-historicos-galiciaA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na primeira viaxe do Tren da Ruta polos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia. Trátase dun dos 11 itinerarios dos Trens Turísticos, que percorren a Comunidade ata finais de outubro e que supón un dos produtos turísticos máis exitosos do verán.

Esta proposta, posible gracias a unha colaboración entre Renfe, a Deputación de Ourense a través do Inorde e Turismo de Galicia, ofrece aos viaxeiros aloxados na Comunidade unha experiencia turística completa. A bordo destes trens, que ao longo da temporada estival ten previstas preto de 60 saídas, poden coñecer a enogastronomía e produtos singulares como a lamprea, os xardíns da camelia ou os recursos termais e naturais, entre outros moitos.

Nava Castro subliñou que as cifras de ocupación nas distintas rutas, que inclúen itinerarios polas catro provincias galegas, son xa superiores ás da edición pasada, que xa foron moi positivas. Hai trens que completaron máis do 70% da súas prazas. Os billetes, cun prezo de 40 euros para os adultos e 20 euros para os nenos menores de 14 anos nas viaxes dun día de duración, pódense adquirir previamente nas páxinas webs de Turismo de Galicia e Renfe.

deputacion-e-concello-de-soutomaior-unidos-para-valorizar-o-castelo

No caso do Tren da Ruta polos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, a realizada hoxe foi a primeira das cinco saídas programadas. As próximas serán o 22 de xullo, o 5 e o 26 de agosto e o 9 de setembro. O tren achega aos turistas a tres impresionantes xardíns das Rías Baixas: o Pazo de Rubiáns, o Castelo de Soutomaior e o Pazo de Quiñones.

Os dous primeiros foron recoñecidos como Xardín de Excelencia Internacional de Camelias, distinción que premia a súa calidade e o seu extraordinario interese biolóxico e ecolóxico. En Galicia atópanse algunhas das camelias máis lonxevas de Europa, o que a converten no único destino con tanta variedade de camelias e con tanta tradición en coleccionismo. De feito, no Pazo de Quiñones de Vigo pódese admirar o chamado Matusalén das Camelias.

Debut do Tren dos Viños O Ribeiro-Rías Baixas

Tamén na xornada de hoxe realizou a súa primeira viaxe o Tren dos Viños O Ribeiro-Rías Baixas, unha das cinco rutas polas denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia. O itinerario inclúe a visita a varias bodegas e ao patrimonio da súa zona, como o castelo de Ribadavia, o mosteiro de San Clodio en Leiro ou o castro de San Cibrao de Las.

redondela-e-ribadavia-unense-para-promover-conxuntamente-o-ribeiro-e-o-chocoO programa dos Trens Turísticos complétase con outros nove itinerarios: o Tren da Ruta dos Faros, o Tren do Viño Rías Baixas, o Tren do Viño Ribeira Sacra, o Tren do Viño Monterrei, o Tren dos Viños Ribeira Sacra e Valdeorras, o Tren Lugo Romano, o Tren da Ruta da Lamprea, o Tren Ourense Termal e de Compras e o Tren Descubrindo A Coruña.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.