spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoPreto de mil rondalleiros poñen o broche de ouro ao Nadal porriñés

Preto de mil rondalleiros poñen o broche de ouro ao Nadal porriñés

Preto de mil rondalleiros poñen o broche de ouro ao Nadal porriñésO Encontro de Rondallas do Porriño colga o cartel de aforo completo no municipal

Cousas de revista nº16

O Porriño puxo onte o broche final aos festexos do Nadal 22-23 ao son das rondallas. Preto de mil rondalleiros e rondalleiras de dez agrupacións do Porriño, Mos, Tui, Nigrán e Gondomar puxeron en pé ao público que ateigou o pavillón municipal, que colgou o cartel de aforo completo.

Participaron a Rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar), a Rondalla Nosa Merced de Chaín (Gondomar), a Rondalla Santiago de Parada (Nigrán), a Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos), a Rondalla Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos (Mos), Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Herville (Mos), a Asociación Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui) e as anfitrionas, a Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios  e a Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas.

O certame foi retransmitido en directo a través das redes sociais do Concello do Porriño, onde contou cun nutrido número de “espectadores virtuais”, alcanzándose a 5.000 visualizacións.

Ante a gran afluencia coa que conta este evento, para que todo se desenvolvera sen incidencias habilitouse o pavillón 2 do polideportivo municipal para que os rondalleiros e rondalleiras que participaban puideran seguir dende alí o certame a través de dúas pantallas con emisión en directo mentres tomaban un chocolate quentiño.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.