spot_img
InicioVal MiñorGondomarPresentación no IEM da curtametraxe "A rosa incandescente" (A nova visión de...

Presentación no IEM da curtametraxe “A rosa incandescente” (A nova visión de Rosalía De Castro)

presentacion-no-iem-da-curtametraxe-a-rosa-incandescente-a-nova-vision-de-rosalia-de-castroCoincidindo co Día mundial da lingua inicial ou lingua materna o Instituto de Estudos Miñoráns presenta a curtametraxe A rosa incandescente con guión e produción de Anxos García Fonte.

Revista Cousas de Nº24

Esta profesora e Xornalista presentará o seu traballo como unha nova visión de Rosalía Castro e comentará a importancia da lingua materna na formación da ser humano e das sociedades que formamos.

Presenta o acto Camiño Noia.

O vindeiro venres, 21 de febreiro, ás 20:00h no local do IEM.

Que é A rosa incandescente?

A rosa incandescente é unha curtametraxe estrada en 2022 que nos achega á figura e á obra de Rosalía de Castro. Ao longo dos seus 27 minutos de duración entramos en contacto cunha Rosalía cercana e directa que nos conta ela mesma algúns dos aspectos fundamentais da súa vida e obra. Así vai debullando a paixón pola literatura oral, o compromiso co seu país, a sensibilidade cos marxinados da sociedade, a análise económica e social do seu tempo e, por suposto, as dificultades que ela mesma tivo que enfrontar por ser muller e escritora. Rosalía é no filme a mesma rosa incandescentede intelixencia, sensibilidade e paixón polo que fai.

presentacion-no-iem-da-curtametraxe-a-rosa-incandescente-a-nova-vision-de-rosalia-de-castro

A este orixinal enfoque do guión de Anxos García Fonte sobre a gran escritora galega únese o traballo do director, David Vázquez, e o director de fotografía, Bruno Máez, que conseguen envolvernos nunha atmósfera sensual que recrea eficazmente o mundo de Rosalía de Castro. Non podemos deixar de mencionar a interpretación da protagonista, feita cunha gran intensidade por Alba López; o coidado deseño de vestiario de Ana Gesto; a sobria escolla de atrezzo de Alicia Fernández e, por suposto, a beleza antiga do entorno do Pazo de Sabadelle, que fan o resto.

Só quedaba un orixinal acompañamento musical, feito adrede por Tamara Lorenzo, para este traballo audiovisual que non vai deixar a ninguén indiferente

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.