spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaPresentación na Guarda do libro "Piueiro. Caderno da Tripulación’

Presentación na Guarda do libro “Piueiro. Caderno da Tripulación’

O éxito do "Volanteiro no Camiño" obriga a multiplicar as viaxes

O Concello da Guarda con Alvarellos Editora presenta este xoves 12 de decembro ás 19:00 horas o libro “Piueiro. Caderno da Tripulación” na Casa dos Alonso.

Revista Cousas de Nº23

Esta é unha obra moi singular, un proxecto nacido do maxín do fotógrafo Manuel Álvarez Álvarez e que conta cos inspirados e rotundos versos da poeta Marta Dacosta. Reúne os rostros de 20 coñecidas persoas mariñeiras da Guarda para loitar contra a desmemoria e  o patrimonio perdido.

Ademais, Piueiro conta coa colaboración do historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez e dun dos retratados, o patrón de pesca Xaquín Cadilla. Ambos os dous intervirán no acto de presentación xunto cos artífices do libro: Manuel Álvarez e Marta Dacosta; ademais, contarase coa participación do alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e do editor, Henrique Alvarellos.

O volume rende homenaxe póstuma a Domingo Carrero Álvarez, Minxos, mestre carpinteiro de ribeira do Baixo Miño, grazas a quen foi posible construír en 2019 o volanteiro Piueiro. Con máis de 92 anos, foi memoria viva, herdada do pai e avó, para recuperar un barco emblemático.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.