Este libro, a través de moitas imaxes e textos, presenta unha ruta dos cinco municipios españois e portugueses máis destacados que se chaman “La Guardia”. Así, o libro recorre A Guarda, en Pontevedra, Guarda en Portugal, La Guardia en Álava, en Toledo e a quinta en Jaén. Gómez mostra a través das súas imaxes todos os encantos dos distintos pobos e invita a coñecer cada un deles.
Na presentación estiveron presentes tanto o autor do libro coma a súa colaboradora Toñi Hermosilla, e o alcalde da Guarda José Manuel Domínguez Freitas, a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes e a Técnico de Turismo, Rosalía Verde. Neste acto, que se repetiu nos distintos municipios con igual topónimo, Gómez quixo dar as gracias pola colaboración ó Concello da Guarda por toda a axuda recibida para que o libro puidese ver a luz. “Estamos falando dun libro moi personalizado, feito con moito cariño e que espero que serva para que moitas persoas coñezan estas localidades tan interesantes”, afirmou o autor.
Pola súa banda, o alcalde, felicitou a Gómez polo seu traballo e agradeceu moito a súa publicación. “Este servirá coma un libro de presentación, un exemplar que axude a coñecer unha ruta moi peculiar”, declarou Freitas. Así mesmo, o alcalde a título persoal, que está interesado en facer a ruta. “É un libro con moito encanto e cunhas fotografías magníficas”, afirmou.
O alcalde non quixo rematar sen destacar ás palabras que Antón Ferreira escribiu no prólogo deste libro. “A Guarda […] donde el mar y el río, atalayados por el monte de Santa Trega […], observan a los peregrinos del Camiño Portugués pola Costa”, reza unha das frases escritas por Ferreira.
Pola súa banda a Concelleira de Turismo admitiu que o libro lle agradou “moitísimo” e que espera que teña moito éxito. Magallanes afirmou que esta publicación pode ser o primeiro paso para que todos estes concellos que comparten topónimo podan chegar un día a irmandarse.